Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información. Onde o noso centro estará presente.
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo, integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade (biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de 10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía, a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Maria Conceição Tomé, Carlos C. Scolari e Fran Alonso.
Todas as entradas do blogue
25 novembro
8 de marzo
AS FAMILIAS CONTAN
Actividades
Animacion á lectura
Aprendizaxe
Biblioteca creativa
Celebracións
Día do Libro
Escornabot
Letras Galegas
Medio Ambiente
RADIO ESCOLAR
Recomendacións
Violencia
Visita
autores.
banda deseñada
bibliotecas escolares
ciencias
club de lectura
conmemoracións
contacontos
contos na radio
contos na radio. radio na biblio
curtas
discapacidade
diversidade funcional
día da Paz
día da muller e a nena na ciencia
euquedonacasa
familias
formación
igualdade
libros
libros dixitais
libros electrónicos
mochilas
mulleres
poesía
voluntariado
África
jueves, 17 de noviembre de 2016
VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario