martes, 28 de febrero de 2017

La familia de la vajilla impar

Cando o vimos este libro enamorounos non só pola historia que conta senón polas fermosas ilustracións. A vida dunha familia ten moito en común cos acontecementos da súa vaixela. Neste álbum podemos ver, ao longo de varios anos, o devir da vida desta familia composta polo pai, a avoa, dous nenos e a súa irmá, un can e un gato en paralelo cos cambios e sucesos da vaixela familiar.
Así é a historia do libro que obtivo o V premio Internacional de Álbum Ilustrado Edelvives. 
As súas autoras, a escritora alacantina Catalina Gómez e a ilustradora chilena Isabel Follas, din que este libro ten moitas lecturas e non está construído só para nenos e nenas, como matiza Gómez. "Os álbums ilustrados catalóganse para un público infantil, pero a evocación é máis profunda. É unha reflexión sutil sobre a vida".
Un conto para compartir e para aceptar os cambios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario