lunes, 6 de marzo de 2017

Gloria Fuertes


Neste ano 2017 conmemórase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes ( 28 de julio de 1917-1998).
A escritora madrileña destacou pola súa produción poética infantil e xuvenil, sendo menos coñecida a súa poesía para adultos.
En torno á sua persoa e obra vanse desenvolver múltiples actividades como nos informan desde o Observatorio del libro y la lectura. Podemos consultar tamén a páxina da Fundación Gloria Fuertes ou do Instituto Cervantes para achegarnos á biografía e á obra da poeta.
 Non atopamos moitos recursos en galego en torno á poeta, porén a editorial Hercules de Ediciones ten publicada unha biografía na súa colección As amizades de Hércules, titulada Hércules pasea con Gloria Fuertes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario