martes, 7 de marzo de 2017

8 de marzo


O día 8 de marzo celebraremos o Día Internacional da Muller. Esta data conmemórase  nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. 
                                            Vídeo explicativo 
Este 8 de marzo queremos que  sexa unha homenaxe e unha reinvindicación para todas aquelas mulleres que demostran no seu día a día a necesidade de igualdade de dereitos e de oportunidades que disfrutan os homes e o mesmo recoñecemento na sociedade.
Para conmemorar dia tan importante visitarannos no centro dúas mulleres de Mos que nos contaran as súas  interesantes vivenzas  e  mostrarannos as súas múltiples facetas.
Asi o día 8 de marzo teremos con nós a: MARIA LUZ CARRERA ABALDE.
O dia 14 de marzo teremos a: MARIA DE LOS ANGELES CALDAS ALMUSTER .

No hay comentarios:

Publicar un comentario