lunes, 13 de febrero de 2017

Matilde

A editorial Kalandraka volve a sorprendernos con esta historia preciosa de curiosidade infantil frente ao inmobilismo do mundo dos adultos.
Inqueda e curiosa, a pequena Matilde asómase ás agachadas ao estudio dun artista e sae fuxindo cun dos seus pinceis, co que decide debuxar un dragón. Para a súa sorpresa -e a dos lectores- a criatura trazada salta da parede e comeza a percorrer a cidade, ata que se desentende da nena e vai cometendo falcatruadas. Afortunadamente, o pintor aparece no momento oportuno e de máximo suspense para axudar a Matilde, restablecendo a normalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada