viernes, 17 de febrero de 2017

Xa non estou aquí


Destacamos esta novela xuveníl " Xa non estou aquí" de Iria Misa, que recibiu o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil na edición de 2016.
Na presentación da novela a autora, Iria Misa, comenta que é unha novela que fala de sentimentos universais: a necesidade de pertenza a un grupo, de comprensión, a soidade… "É unha novela coral onde quixen traballar o multiperspectivismo e así poñer de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira".
A intriga artéllase arredor da desaparición da protagonista, misterio que se irá desentrañando ao longo da novela a través dos distintos puntos de vista dos personaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada