lunes, 20 de febrero de 2017

Semana de Rosalía

O vindeiro 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía; para conmemorar o 180 aniversario do nacemento da nosa autora máis universal a biblioteca preparou un bibliocarro para o profesorado con material da escritora e o vindeiro xoves repartiremos chapas da súa imaxen para os de 5º e 6º e para o resto do alumnado de primaria un marcapáxinas.
Dende normalización facilitarase a imaxen para decorar.
Neste curso esta conmemoración está un pouco diluida pola coíncidencia da festa do entroido no centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario