Este 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, por primeira vez na historia, organizaranse folga e movilizacións en máis de 150 países para reclamar a igualdade real de oportunidades e dereitos entre homes e mulleres. O obxectivo deste día é a loita reivindicativa en materia de xustiza social, dereitos das mulleres e contra as Violencias Machistas.
Dende o noso centro quixemos visibilizar o papel da muller na historia, para o que montamos dende a biblioteca un expositor con libros diversos sobre mulleres para traballar nas aulas, por outro lado o alumnado de sexto realizou un traballo en lingua galega dunha persoeira importante na historia de Galiza (dun listado que se lle entregou ) e nesta semana eses rapaces e rapazas foron polas diferentes clases expoñendo a vida desas mulleres relevantes. Na entrada do colexio realizouse un gran mural sobre esas mulleres co título"Visualizando as mulleres. 8 de marzo"
No hay comentarios:
Publicar un comentario