O día 21 de marzo, Día Internacional da Poesía, é un tempo para salientar a lírica como estilo literario que expresa dun xeito moi especial o sentir das autoras e autores.
Dende a Biblioteca quixemos que o alumnado disfrutará e aprendera cos poemas que existen nos libros e os que eles poidesen crear, asi que eleximos e seleccionamos libros para cada ciclo educativo e montamos catro bibliocarros que levamos as clases, onde estiveron varios días, asi que non só leron, copiaron senón que inventaron as súas poesías. Tamén aproveitamos para mostrar nun expositor na entrada da Biblioteca outros libros interesantes sobre poesía.
Como colofón destes días de lírica o equipo de Dinamización prantexou unha actividade moi bonita que consisteu en plasmar un poema, que podía ser de creación propia ou allea, nunha silueta dunha peza de roupa, para a continuación esas siluetas poéticas expoñelas nun tendal no patio do colexio. Quedaron uns traballos expléndidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario