domingo, 15 de abril de 2018

El futuro es femenino

El futuro es femenino
Da man da editorial Nube de tinta chega O futuro é feminino, un libro de contos no que diversas escritoras e ilustradoras únense para empoderar a figura da muller. Trátase dun libro que reúne historias inspiradoras sobre as situacións nas que, tanto as nenas como as mulleres, enfróntanse día a día. Os seus protagonistas transfórmanse para enfrontarse a elas con valentía.
Como sería un mundo igualitario, un mundo feminista? Estes son os relatos que nos debemos contar as unhas ás outras para crear un lugar distinto, un lugar máis xusto, máis igual. Para coidarnos e querernos máis. Para dar voz ao que xa non se pode calar. E para ter voz, xa, dunha vez por todas. Contos únicos para nenas, mozas e mulleres (e para todos, en realidade), porque o futuro é feminino.
Un libro que seguro que disfrutaremos moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario