A visita non foi ao uso, xa que en vez de falar ela sobre a
súa experiencia, preferiu que o alumnado lle fixera preguntas, a través das súas respostas foron averiguando
como surxiu, que lle inspirou, o tempo que lle levou… recalcando o feito que
lle deu moita importancia as mulleres científicas, que sempre foron moi ignoradas, e aproveitou ese momento para recordar algunhas delas e os seus
descubrimentos.
Houbo momentos de moito interés , moitas preguntas e de
moita risa, como cando relatou a chamada
para anunciarlle que lle deran o Premio Nacional de Literatura Xuvenil e ela pensou que se trataba dunha broma.
A continuación
asinoulles e púxolles un selo aos libros.
Pero a xornada non rematou
para Ledicia no noso centro, porque os de 4º curso que leran “Escarlatina,
a cociñeira defunta” quixeron tamén
coñecela, estiveron con ela e dende ese día os seus libros teñen un selo
especial.
Posteriormente visitou
a nosa renovada biblioteca e estivo co profesorado.
Dende aquí queremos
mostrar o noso agradecemento por compartir
esta xornada con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario