Dende a biblioteca quixemos mercar libros ilustrativos de mulleres importantes e que millor que este libro que se publicou en febreiro deste ano.
Descubrimos con este libro as 25 supercientíficas que cambiaron o mundo e demostraron que as mozas son de ciencias, en canto a descubrimentos científicos. Agnodice, a primeira médica coñecida da historia, ata Rosalind Franklin, a química que descubriu a estrutura do ADN, pasando por Vera Rubin, a astrónoma que viu o que ninguén vía, as mulleres foron pioneiras en ciencias desde o inicio dos tempos
Un libro que a través dunha linguaxe sinxela e didáctica, unha vistosa presentación e un formato moi atractivo, tráenos a unha serie de mulleres que ao longo da Historia destacaron grazas aos seus descubrimentos e achegas científicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario