miércoles, 2 de mayo de 2018

O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai


A editorial Xerais tráenos un libro especial dende Paquistán para o mundo.
Un precioso álbum sobre o valor desmedido das palabras e a súa maxia, que nos conta en primeira persoa como unha serie televisiva pode facernos soñar cun lapis máxico, pero a propia vida fainos sentir que “calquera lapis pode selo”.
Describe as ansias dunha nena por facer felices aos demais,Decididamente unha historia imprescindible para ver e dar que pensar e falar á rapazada. Porque calquera día do ano é Día da Paz, tan desexada en Siria nestes momentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario