domingo, 7 de octubre de 2018

As familias contan...

Un dos obxectivos deste curso escolar será acadar un bo dominio da lectura. A escola é unha parte moi importante para fomentar as capacidades lectoras, pero o hábito lector precisa do apoio familiar e por iso lanzamos este proxecto de lectura en familia. Co lema "As familias contan..." queremos implicar aos maiores da casa a que compartan co alumnado os seus contos, as súas vivenzas e todo aquelo que lles pareza de interese.
Para participar terán que comunicarllo a/o titor/a do alumno/a para concretar o tema a tratar, hora e  día. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario