miércoles, 17 de octubre de 2018

Inaguración con música, cancións e poesía

Por fin a biblioteca logrou  abrir este martes 16, despois dunhas obras que non daban rematado, conseguimos que os andeis, recunchos,  libros  e todo o material  estivese preparado para empezar a moverse. O alumnado desexando empezar.
As pegadas que levan a Biblioteca

Despois de semanas intensas de traballo para conseguir ter todo a punto, o día elexido quixemos realizar unha  inaguración por todo o alto. Asi que contando  ca colaboración de bibliotecarias e bibliotecario de sexto realizouse un acto precioso onde houbo poemas, un deles creado por Tania adicado a nosa  biblioteca, cantaron unha muñeira acompañado de pandeireta e tamboril e outras  cancións con violín. e guitarra. Como non collía todo o alumnado na biblioteca, os artistas tiveron que realizar tres pases para que os diferentes grupos poideran disfrutar.  
Resultou un día marabilloso en torno a cultura..






1 comentario: