O martes 20 de novembro, Myriam e a súa filla Leire Carrera, de 2º de Educación Primaria, contáronnos a historia de Cocorico no Tempo Lector.
Resulta que mamá Galiña vai facer un biscoito, pero hai que ir por leña e Cocorico ofrécese. Mentres a recolle, coñece a Gato Pelado, que lle propón un trato: salvar a vida a cambio do biscoito. Conseguirán facelo a tempo?
Coa súa simpatía e bo facer, Myriam e Leire escenificaron esta fermosa historia a través dos bonecos aos que daban vida mentres narraban o conto de Cocorico e cantaban a súa canción. Que ben o pasamos escoitándoas facer de Cocorico e de Gato Pelado!
Grazas por este prezado momento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario