domingo, 16 de diciembre de 2018

VII club de lectura de adultos

O martes 4 de decembro reunímonos de novo en torno a unha nova lectura " La llave de Sarah", nesta ocasión o grupo de lectoras aumentou, dando un novo pulo a este clube, De novo unha agradable tarde comentando, rindo, falando, escoitando, e degustando unhas ricas froitas e unhas galletas.
Con esta lectura descubrimos un pasaxe negro da historia francesa que nos era descoñecida, o goberno galo organiza, en xulio de 1942, a maior redada coñecida en Francia contra a población xudea, arrestando a 13.000 personas, dos cales máis de 4.000 eran nenos/as, que foron confinadas no Velódromo de Inverno, para despois ser deportadas a Auschwitz.
O libro deunos moito de que falar: das inxustizas das guerras, do medo a vernos na mesma situación, das vidas perdidas e tanto sufrimento innecesario, do rápido que se pode perder todo, das infancias pérdidas...reflexións importantes. 
A ver o que nos depara a seguinte lectura??
 
 
 

Ao rematar concretamos o seguinte libro do trimestre que será para o martes 5 de febreiro ás seis da tarde :
DEL COLOR DE LA LECHE de NELL LEYSHON


No hay comentarios:

Publicar un comentario