lunes, 29 de abril de 2019

ANIMACIÓN Á LECTURA: A ESCOLA DOS PIRATAS

“De súpeto, escoitouse un ruído xordo. Un son grave, profundo e prolongado, que conseguiu impoñerse sobre o estrépito da chuvia. Os nenos miráronse entre si, con caras de sorpresa e inquietude…”. Así comeza a nosa aventura polo mundo pirata narrado por Agustín Fernández Paz na súa premiada obra “A escola dos piratas”, da cal tivemos ás actividades de Animación á lectura protagonizadas por Benxamín e os nenos e nenas de 2º e 3º de primaria.
Xuntos gozamos dunha fantástica sesión imaxinando como é a vida dos piratas e analizando se a escola realmente é tan diferente da vida nun barco pirata. Posto que… Quen non se imaxinou algunha vez converterse en pirata?






No hay comentarios:

Publicar un comentario