miércoles, 1 de mayo de 2019

Visita da escritora Raquel Castro

O venres 26 tivemos entre nós a escritora Raquel Castro para falarnos do seu libro Bestiario Doméstico. 
O alumnado de 4º de E.P. estaba ansioso por coñecela, polo que tiñan preparado cada un deles unha ou dúas preguntas para facerlle, Raquel con moita paciencia foilles respondendo a todas elas, así lles   explicou aspectos do libro, como surxiu o libro,  o significado etimolóxico dos nomes dos protagonistas da historia e a razón do seu comportamento. Tamén fomos coñecendo aspectos da vida deste  escritora de Salvaterra
A continuación, como non podía ser doutra maneira, asinou o libro de cada un dos rapaces e rapazas. 
Grazas Raquel por agasallarnos con unha  fermosa mañán en torno á lectura!


 
 
  

 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario