En decembro de 2008 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas resolveu que a partir de 2009, cada 8 de xuño se celebraría o Día Mundial dos Océanos. Esta conmemoración ten como propósito concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana ten para os océanos e poñer en marcha un movemento mundial cidadán a favor da xestión sostible destes, xa que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera.
O 2020 é un ano crave para os océanos. Neles atópase o 95% da vida do planeta, son os responsables de xerar osíxeno e lograr o equilibrio ecolóxico tanto acuático como terrestre. Pero en cambio, só un 3,5% da superficie mariña está protexida. O obxectivo fixado para este ano é o de chegar a unha protección de como mínimo o 10%, e non será fácil.
Fronte á gravidade da situación, a organización da ONU para o Medio Ambiente lanzou a campaña mundial #MaresLimpos, cambia a marea do plástico! Países, empresas e distintos persoeiros asinaron a súa adhesión á iniciativa. Pero o día a día das nosas propias prácticas cotiás e a capacidade de presión colectiva será clave para virar a situación: pensemos que un dos produtos máis habituais en moitas praias son as bolsas de plástico que, a día de hoxe e malia as diferentes campañas, aínda teñen un uso masivo entre a sociedade.
Cada minuto, o equivalente en plástico a un camión do lixo cheo é vertido ao mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario