lunes, 8 de junio de 2020

Pipi cumple 75 anos

Pipi cumpleu 75 anos. A editoriral Kalandraka ven de publicar os libros na nosa lingua; nós xa mercamos algúns.
A autora, Astrid Anna Emilia Ericsson, naceu nunha granxa, na provincia sueca de Småland. Afeccionada a escribir dende moi nova, foi autora de máis de 60 libros pioneiros na defensa dos dereitos da infancia e das mulleres, da igualdade, da non violencia, da natureza e dos animais.
 Escribiu "Pippi Mediaslongas" para a súa filla Karin mentres estaba convalecente e a obra foi publicada en 1945. Converteuse nun texto de referencia en todo o mundo e foi traducido a numerosas linguas. 
Entre os moitos recoñecementos que recibiu Astrid Lindgren destacan o Premio Nacional de Literatura de Suecia (1957), o Premio Hans Christian Andersen (1958), a Medalla de Ouro da Academia Sueca (1971), o Premio da Paz dos libreiros alemáns (1978) e o Premio Internacional do Libro da Unesco (1993). En 2003 o goberno sueco instaurou o Premio Memorial Astrid Lindgren, o máis importante no eido da literatura infantil e xuvenil.


PROPOÑEMOS UN TRABALINGUA: A ver quen é capaz de repetir o nome completo de Pipi?
Pippilota Victualia Cortinela Piperminta Efraímez Mediaslongas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario