Levamos varias semanas preparando a biblioteca para empezar a funcionar correctamente e con seguridade, así:
- Marcamos pegadas no chan para realizar un itinerario e saber por onde hai que ir e onde parar, para manter as distancias de seguridade.
- Na entrada colocamos unha alfombra para limpar o calzado e colocamos un posto de desinfección.
- Eliminamos cadeiras, deixando só algúns lugares para sentarse.
- Rotulamos andeis para facilitar e visualizar mellor os materiais.
- Colocamos caixas para realizar a cuarentena do material.
Este ano creamos un recuncho con fotos do alumnado que tivo relación cas actividades da biblioteca.
Esperamos disfrutar moito neste novo curso escolar!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario