jueves, 1 de octubre de 2020

Empezaron os préstamos de libros

Neste curso o alumnado podera baixar á biblioteca cada quince días; nese día unha mestra será a encargada de ir á clase a buscar o alumnado, en grupo de oito persoas, para que manteñan a distancia de seguridade, sigan as normas, evitar contaminar  o material e por suposto poder realizar o préstamo
O venres 25 de setembro empezamos cos empréstitos;  os primeiros en facelo foron os de segundo curso, que con algo de inseguridade foron desinfectando as mans, aprendendo as novas normas e o itinerario a seguir, para finalmente poder elexir os seus libros.

          Que contentos e contentas ían cos seus libros despois destes meses sen ir pola biblioteca!





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario