jueves, 17 de febrero de 2022

Cabana de vimbio para a lectura

  A nosa biblioteca quere avanzar cara a un modelo de biblioteca escolar deseñada como laboratorio creativo de aprendizaxes, aberto a toda a comunidade escolar e na que cobren presenza a creatividade, a expresión, a comunicación e a colaboración; estas son as bases para unha formación adaptada ás novas necesidades e ás demandas da nova realidade educativa.

Con eses obxectivos este curso 2021/2022 volvemos a solicitar o proxecto BIBLIOTECA CREATIVA. O seu obxectivo é apoiar a cultura da experimentación, a creación e a investigación, en espazos creativos e cooperativos no seo das bibliotecas escolares.
Produto deste proxecto volvéusenos a conceder un orzamento, que decidimos empregar nun obradoiro colaborativo: a elaboración dunha cabana natural de vimbio vivo, próxima a unha das portas da biblioteca.
Durante dúas xornadas, o 9 e 10 de febreiro, tivemos talleres participativos de todo o alumnado do centro, para construír mediante técnicas de cestería unha semicúpula de vimbio fresco con varias entradas. O fin desta cabana foi favorecer a aprendizaxe práctica e que tamén esta sirva para o lecer e como zona de lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario