MARTES 22 DE FEBREIRO ÁS 17.30 CLUB DE LECTURA "LIQUIDACIÓN FINAL"
Escritor e dramaturgo grego, Petros Márkaris, estudou Ciencias Económicas en Viena e Stuttgart, instalándose en Atenas en 1965.
É guionista de cinema, destacando o seu traballo xunto a Theo Angelopoulos, en televisión, ademais de é tradutor. No plano literario, Márkaris é coñecido polas súas novelas de xénero negro, protagonizadas na súa maioría polo comisario Kostas Jaritos.
Na súa obra, Márkaris introduce de maneira habitual numerosos elementos de crítica social, unha actitude que traslada ao mundo real a través dun vigoroso activismo social.
De entre a súa obra literaria cabería destacar a exitosa Triloxía da Crise composta por: Con el agua al cuello, Liquidación final e Pan, educación, liberdad.
Ao longo da súa carreira recibiu premios como a Medalla Goethe, o Premio Polar Europeo ou o Premio Pepe Carvalho. Márkaris é colaborador habitual de medios de comunicación, tanto en Grecia como no resto de Europa.
Publicáronse numerosas recompilacións das súas columnas en prensa, e é recoñecido tamén por títulos como Noticias da noite, Suicidio perfecto ou Morte en Istambul.
No hay comentarios:
Publicar un comentario