domingo, 29 de enero de 2023

No 30 de xaneiro movémonos pola Paz

O 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non violencia e a Paz. É unha data relevante porque aproveitamos ese día para lembrar cun 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mohanda Gandhi, a quen lle debemos o concepto da non-violencia.

Na escola aproveitamos tamén esa conmemoración para traballar ese valor universal con actividades concretas. Neste curso baixo o lema " móvete pola Paz" debatirase e realizaranse por aula decálogos en busca da Paz. A biblioteca realiza una exposición de libros sobre esta temática.
 Ademais no propio día imos realizar un “almorzo compartido” onde alumnado de varios niveis de primaria e infantil irán a almorzar a outras aulas e para rematar o día sairemos ao patio a bailar, a coreografia ensaiada durante días, ao son da canción “Móvete” de Paco Nogueiras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario