martes, 31 de enero de 2023

Primeiro obradoiro de Paola Guimeráns

O primeiro grupo de obradoiros dentro do programa de biblioteca creativa foi este venres 27 de xaneiro, impartido por Paola Guimeráns, para o alumnado de 1º,2º, 3º e 4º repartidos en diferentes sesións e modalidades de aprendizaxe.
O alumnado de primeiro e segundo tiveron o seu obradoiro na aula de informática, onde exercitaron o seu pensamento creativo, vendo interactuar os elementos na pantalla do ordenador a partir das instrucións que lle ian dando. 


O alumnado de 3º e 4º tiveron os obradoiros na biblioteca, o primeiro grupo realizaron circuitos analóxicos de papel e o segundo grupo crearon e coseron un moneco luminoso.
Unha mañá en torno á electrónica chea de motivación, animación, interese e moita aprendizaxe.









No hay comentarios:

Publicar un comentario