O dia 6 de maio o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de disfrutar de dúas sesións con María Da Pontragha, unha excelente contadora e educadora, que mantivo o interés do público, facéndoo participes das diferentes actividades prantexadas: dende historias de tradición oral, contos con vocabulario actual onde os protagonistas eran os alumnos e alumnas, música, e como non podía faltar baile.

Unha gran profesional que conseguiu co seu bo facer prendarnos a tod@s; fíxonos gozar das súas divertidas e entretidas historias.
O seu repertorio centrouse nos contos da xente e da terra,
falas de hoxe e de onte, historias que viñeron e
quedaron, en definitiva contos de tradición oral que nunca pasan de
moda.
Agradecemos dende aqui a Consorcio Editorial Galego que nos ofertou esta interesante proposta educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario