Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta familias. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de octubre de 2025

lunes, 2 de mayo de 2022

Tríptico para as familias

Este curso voltamos a realizar un tríptico pensando nas familias, con suxerencias lectoras sobre libros que hai na biblioteca, tanto educativos como de narrativa, que consideramos poden ser de interese.


 


miércoles, 11 de noviembre de 2020

Tríptico familias

Realizamos un tríptico para cada familia  con lecturas variadas, que consideramos poden ser de interese. As cales poderán pedir a través dos seus fillos/as  enviando  unha nota. 

Neste tríptico animamos a participar no club de lectura que se celebrará o 1 de decembro.


                                                                            Preme

miércoles, 20 de mayo de 2020

Libros para as familias

Publicamos nesta entrada o tríptico que lle enviamos ás familias neste curso. 
Agradeceríamos que nos enviarades títulos de libros, tanto de interés para o alumnado como para as familias, para adquirir para a biblioteca. As aportacións deixalas no apartado de comentarios deste blog ou no correo efprim@gmail.com 
Anímate a deixar a túas suxerencias.



Pincha enriba das fotos para ampliar


martes, 25 de febrero de 2020

miércoles, 29 de enero de 2020

Club de lectura: Persépolis

Viñeta de 'Persépolis'O martes 21 de xaneiro reunímonos para falar da novela gráfica  " Persépolis" da iraní Marjane Satrapi. 
A autora é unha das artistas máis aclamadas; galardoada con varios premios entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême. Persépolis co tempo converteuse nun cómic de referencia.
O libro que este ano cumple vinte anos é un relato, en branco e negro, autobiográfico e histórico dun pobo e unha época.  A historia de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que  acabaría levando a abandonar o seu país. 
O cómic empeza a partir do ano 1979, cando Marjane ten dez anos e desde a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do Xa de Persia en Irán e dá paso a unha República Islámica.
Ela manifestou "A miña motivación non foi escribir sobre a miña vida senón sobre a historia do meu país, o que pasou alí durante a miña infancia, sobre a situación política que se viviu.»
Por tanto esta novela con tanta carga emotiva, crítica e irónica encantounos; deunos  para falar moito: aprender deste país, situación, costumes, cultura, educación... e por suposto  para reflexionar sobre as relixións, a opresión, a manipulación , a guerra , o medo ... 
Esta novela segue por desgraza en plena actualidade porque o conflito continua sen solución.
A vida da súa protagonista é a de moitas persoas que actualmente intentan abandonar o seu país en busca dun lugar mellor.



domingo, 17 de noviembre de 2019

Mochilas viaxeiras

Xa están viaxando as mochilas viaxeiras ás casas do noso alumnado, como en cursos anteriores o material é variado, como unha pequena mostra, do que se pode atopar na nosa biblioteca. Como sempre houbo moita ilusión ao recibilas nas aulas.
Acompañando o material vai un díptico explicativo  e dunha libreta, que será o diario da mochila, onde poderán debuxar, escribir e anotar o que lles gustou ou non, suxerencias... e todo o que se lles ocurra para melloralas.



domingo, 7 de octubre de 2018

As familias contan...

Un dos obxectivos deste curso escolar será acadar un bo dominio da lectura. A escola é unha parte moi importante para fomentar as capacidades lectoras, pero o hábito lector precisa do apoio familiar e por iso lanzamos este proxecto de lectura en familia. Co lema "As familias contan..." queremos implicar aos maiores da casa a que compartan co alumnado os seus contos, as súas vivenzas e todo aquelo que lles pareza de interese.
Para participar terán que comunicarllo a/o titor/a do alumno/a para concretar o tema a tratar, hora e  día. 

miércoles, 26 de septiembre de 2018

VII club de lectura: LA LLAVE DE SARAH

Comezamo novo curso e con el virán moitas actividades e  moito material bibliográfico variado.
Como nos cursos pasados  teremos  libros de lectura en común para os  "maiores" no club de lectura trimestral.

la llave de sarah-tatiana de rosnay-9788483650264

"La llave de Sarah" da escritora Tatiana de Rosnay é o libro elexido para o vindeiro clube de lectura


O día para compartir impresións sobre a lectura será o 4 de decembro ás 18 horas na biblioteca.






lunes, 18 de diciembre de 2017

Triptico para as familias

Neste Nadal quixemos que as familias tiveran a oportunidade de ter lecturas variadas para levar as súas casas, de tal forma que elaboramos un tríptico para enviar.

miércoles, 28 de septiembre de 2016

Clube de lectura para as familias

Neste  curso  a Biblioteca empeza un novo proxecto,  no que  as familias serán  as protagonistas.  Queremos organizar un clube de lectura familiar, onde en torno a un libro disfrutemos non só da lectura senón de compartir  opinións,  sentimentos e, por suposto, o disfrute da compañía.
Que hai que facer para participar? Ler o libro que se indica, e na data que se marca, comentaremos  o libro e as impresións  producidas: temática, estilo, personaxes, reflexións… As familias que vaian participar avisarán, a través dos seus fill@s, aos titor@s.
A data elexida será o 20 de decembro ás 19 horas na Biblioteca. 
O libro elexido neste trimestre é:
LA BIBLIOTECA DE LOS MUERTOS de Glenn Cooper.
A Biblioteca do centro prestará o libro en formato dixital e  papel, e  a Biblioteca municipal de Mos colaborará no proxecto adquirindo  varios exemplares. 
Resultado de imagen