Con algo de retraso chegou a formación da radio ao profesorado do centro. O martes 21 de novembro todo o profesorado reunímonos na aula onde esta instalada a radio recibindo explicacións sobre a gravación de programas e edición.
Todas as entradas do blogue
miércoles, 22 de noviembre de 2023
jueves, 28 de septiembre de 2023
Visitas guiadas á biblioteca
Esta semana realizamos visitas guiadas das diferentes aulas á biblioteca para que coñeceran as normas que hai que seguir, situación dos diferentes materiais, a orde nos distintos andeis, pasos a seguir para localizar un libro… en ocasións houbo tempo para realizar algún xogo de busca do libros ou simplemente ler ou xogar co material da biblioteca creativa.
miércoles, 5 de octubre de 2022
Formación en radio
A primeira semana de setembro foi moi intensa. As tarefas foron moitas tanto de organización, horarios, programacións, colocación e orde de materiais... pero tamén houbo tempo de formar ao profesorado no uso da radio escolar e no programa Audacity.
Aqui tedes a mostra!!
jueves, 29 de septiembre de 2022
Visitas de formación para uso da Biblioteca
Os primeiros días de setembro co alumnado serviunos para dar formación na biblioteca sobre horarios, normas, usos, emprego e ubicación dos diferentes materiais. Nalgúns casos aproveitamos para prestar libros para casa.
miércoles, 16 de marzo de 2022
Obradoiro de Radio
O día 9 de marzo tivemos un obradoiro, toda a mañá, de
radio impartido por Damián, de Escolas nas Ondas.
Este obradoiro lograse por participar a biblioteca no proxecto da “Radio
na Biblio”.
Optaron a esta formación parte
do alumnado de 5º e 4º de E.P, que máis tarde ensinarán aos demais
compañeiros/as.
Durante esa mañá coñeceron a utilización do programa de gravación Audacity que se emprega na radio, así como se lles ensinou técnicas de locución, entoación, vocalización...
A experiencia foi moi positiva tanto en aprendizaxe como en diversión.
A continuación a gravación realizada durante a mañá de traballo.
viernes, 24 de septiembre de 2021
Comezamos ca radio
Empezamos ca radio en canto a elaboración horarios para ir a gravar, ensaios e formación tanto de alumnado como de profesorado.
domingo, 16 de febrero de 2020
Obradoiro de radio
Un día de festa onde aprendimos moito da man destes dous grandes profesionais. Agora só queda pór en practica todo o que nos ensinaron.















































