Mostrando entradas con la etiqueta Violencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Violencia. Mostrar todas las entradas

jueves, 25 de noviembre de 2021

Queremos dar a " chapa" contra a violencia.


Un curso máis quixemos tratar un tema tan importante como é o rexeitamento á violencia de xénero .

Cada 25 de novembro sírvenos para  reflexionar sobre a importancia da IGUALDADE de todos e todas independiente  do noso sexo ou condición.

Aproveitamos o lema do noso PDI " "O valor da palabra" para darlle voz ao alumnado sobre este tema pero tamén quixemos darlle importancia á creatividade.

Así  este  ano o título da actividade condutora para tratar este tema era “ QUEREMOS DAR A “CHAPA” CONTRA A VIOLENCIA” . Sendo a tarefa final realizar cada alumno/a unha chapa para levar a casa.

O obxectivo era que  cada clase abordase  o tema da violencia . Así para realizar a chapa falaron do tema,  dando lugar a palabras ou  frases, algunha das cales foron elexidas  e serviron   para colocar na chapa que cada alumno/a ía realizar e posteriormente decorar.

Ademais houbo máis actividades que por titorías realizaron co alumnado.

Así de fermosas quedaron:
















miércoles, 25 de noviembre de 2020

Educando en igualdade

Queremos un futuro sen violencia de xénero, por iso hoxe máis que nunca traballamos o tema da igualdade nas diferentes aulas.


           




martes, 24 de noviembre de 2020

Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres: actividades diversas de sensibilización.



Nestes momentos de incertidume, de restricións de todo tipo incluso á mobilidade, seguimos conmemorando o 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da Violencia contra as Mulleres, como todos os anos, dende as nosas clases e no noso centro. 
Queremos que se visibilice a violencia machista existente en todos os países e se loite dende diversos ámbitos contra esta outra "pandemia", que todos os anos mata e fai sufrir a moitas mulleres e deixa consecuencias nefastas nas familias.

Para ese día organizamos :

  1. Nas diferentes entradas do colexio colocación de globos lilas (doados polo Concello) co lema "Non quereMos Violencia", co fín de que se decaten do día, tanto alumnado como familias. O alumnado levou tamén para as súas casas un globo lila .
  2. O profesorado e o alumnado traerá algo de cor lila.
  3. Emisión dunha gravación de radio sobre esta data realizada polo alumnado de 6º A.
  4.  Visualización de vídeos ou contos relacionados con esta data, que se atoparán nos ordenadores das aulas, para suscitar debate.
  5. Nas aulas escribirán unha frase ou palabra sobre a violencia ou sobre o micromachismos.
  6. Tamén haberá posibilidade de  cantar. Neste curso con tantas medidas de seguridade non poidemos ensaiar unha canción para este día, pero seguro que non lles importa recordar aquelas que tanto gustaron.
Guadi Galego con "Chea de vida" agasállanos con esta canción chea de esperanza, acompañada de lingua de signos.


sábado, 27 de abril de 2013

Violencia de xénero

Nestes días que apareceu outra victima da violencia de xénero, recollo este vídeo do admirado bloguer Trafegando Ronseis, certamente interesante, sobre as reflexión realizadas sobre a violencia de xénero por parte da decana de Psicoloxía Rosa Álvarez, compañeira miña de carreira e sempre comprometida con este tema, e a veterana feminista profesora de secundaria Narina Santos, que explican á cámara de Galicia Confindencial porque os asasinatos de mulleres só son a "punta do iceberg", dun problema maior, alimentado por prexuízos sociais que habería que erradicar.
Falan da linguaxe sexista,da escola e da integracion integral,e que os profesores/as non poden pedir respecto aos alumnos cando por parte do adulto non hai ese respecto, falan da necesidade de intervir cando os alumn@s non se respecten entre eles, empezando polos insultos.



jueves, 22 de noviembre de 2012

Violencia de xénero.


  O día 25 de novembro celébrase o día internacional contra a violencia de xénero, aprobado pola Asemblea xeral das Nacións Unidas. A data foi elixida como conmemoración do brutal asasinato en 1961 das tres irmáns Mirabal, activistas políticas da República Dominicana, por orde do gobernante dominicano Rafael Trujillo. 
O número de mulleres asasinadas por violencia de xénero no que levamos de ano ascende a 47.O balance de 2011 de mulleres mortas pola violencia machista foi de 66.
Unha de cada tres mulleres no mundo foi maltratada.
Nos últimos cen anos, son innumerables os avances lexislativos e a toma de conciencia da cidadanía no mundo. A violencia de xénero é actualmente un desafío de vital importancia en Occidente  pero aínda queda moito por facer, de cada un de nós vai depender que se avance.
Recursos
  • O CPI da Cañiza ofrécennos  variados recursos para traballar na aula.               
  • Educando en igualdade un bloguer interesante para traballar a igualdade nos centros educativos.
  • Un vídeo de animación impactante cunha música preciosa sobre a violencia doméstica, onde se reflexiona sobre a agresividade que xenera a agresividade. Remata co lema " Se no nos apoiamos...caemos"
  • A Biblioteca do IES Lama das Quendas quere sumarse a esta celebración poñendo o seu gran de area coa intención de concienciar sobre este gran problema da nosa sociedade. Dende eiquí agradecemos todos estes  esforzos en tratar de facer un mundo mellor.