Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celebracións. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de octubre de 2024

Celebramos o día das bibliotecas

Hoxe, venres 25 de Outubro, celebramos o día das Bibliotecas. No proxecto lector, algúns nenos e nenas de primaria foron a ler un conto ao alumnado de 6º de infantil á biblioteca, á aula de 5º de infantil, e tamén ás aulas de 1º de primaria. 














Todos e todas gozaron moito das lecturas, ademais das interpretacións tan boas que fixeron. Van ser uns grandes lectores!!


Club de lectura en 6º de EP

                       
Celebramos o club de lectura o día 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares. 
Primeiro reunímonos na biblioteca para falar do libro, onde aportaron as súas valoracións e impresións. Aproveitamos para probar unha torta de chocolate.
A continuación realizamos un programa de radio onde cada un tiña un guión  con preguntas sobre o libro.
O encargado de gravar foi Naaman.
Como desfrutamos da lectura e da gravación!! A continuación está o programa.

martes, 24 de octubre de 2017

Semana das bibliotecas

Esta semana celebramos o día das Bibliotecas  con varias actividades:
Puxemos a viaxar as mochilas viaxeiras polos fogares dos nosos nenos e nenas.

 Con novidades a reo para que se enchan de ganas de ler.
 Colocando un novo recundo, para ler comodamente na biblioteca.

Celebrando o xoves cuns grande contacontos polas clases,como son os bibliotecarios e bibliotecarias de quinto, que levan ensaiando varios días para que o  alumnado disfrute do lindo.


viernes, 16 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas

Mañá celébrase o Día das Letras Galegas, e no cole, xa todos coñecemos a Xose Manuel Díaz Castro, e un pouco máis da súa vida e obras, pero por se alguén todavía non sabe moi ben quen é o homenaxeado deste ano... aquí vos queda este documento! 



exposicion

jueves, 27 de marzo de 2014

27 de marzo. Día Mundial do Teatro

O Día Mundial do Teatro celébrase dende o ano 1961, por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Neste día fanse moitos actos, obras de teatro para nenos e adultos..., pero o máis representativo é a Mensaxe Internacional escrita por unha personalidade de recoñido prestixio no mundo do teatro.
Este ano, o encargado da mensaxe é Brett Bailey, dramaturgo, deseñador, e director sudafricano. Se clicas aquí poderás ler a mensaxe.

A continuación, compartimos algúns enlaces cós que poderemos traballar na aula obras teatrais: 
http://pacomova.eresmas.net/paginas/teatro%20infantil.htm
http://www.infopoesia.net/pdf/PRIMARIA-cuaderno.pdf

viernes, 21 de marzo de 2014

Día da poesía

Un ano máis celebramos o Día da Poesía, hoxe 21 de marzo, cun recital de Educación Infantil, de 10 a 11, e outro de Educación Primaria, de 12 a 13:30. Tódolos nenos e nenas teñen preparadas as súas poesías para compartilas cos seus compañeiros. 
Para conmemorar este día, falaremos no blogue dun libro de poesía, Os versos do libro tonto, da editorial Kalandraka. Escrito por Beatriz Giménez de Ory e ilustrado por Paloma Valdivia, foi Premio de Poesía para Nenos, Cidade de Orihuela, no ano 2010. Composto por 25 composicións cheas de personaxes máxicas e divertidas que animan á lectura, xogos de palabras, acrósticos...





E para rematar, adxunto algúns enlaces de páxinas web e blogues que poden resultar moi interesantes para traballar a poesía cos nenos e nenas.

http://pacomova.eresmas.net/paginas/poesias.htm

http://www.poemitas.com/

http://bibliopoemes.blogspot.com.es/

http://www.doslourdes.net/poes%C3%ADas_para_ni%C3%B1os.htm






lunes, 24 de febrero de 2014

Día de Rosalía de Castro.

Hoxe celébranse 177 anos do nacemento de Rosalia de Castro, e están programadas moitas actividades para conmemorala. Na casa museo Rosalía de Castro, de Padrón presentarase o libro "De cantares hoxe. Os cantares gallegos de Rosalía de Castro", un libro-cd que xunta poemas inéditos escritos por 36 poetas a partir dos que Rosalía publicou no seu libro Cantares Gallegos. 
Uxía, no libro "Rosalía pequeniña" retrata a Rosalía de Castro mediante a poesía e a música. Aquí unha mostra da súa obra.







jueves, 30 de enero de 2014

30 de xaneiro. Día da paz e a non violencia.

Hoxe, 30 de xaneiro, é o Día da paz e a non violencia, e no século XXI, seguimos "loitando" por ela. Nesta semana no centro, algúns nenos e nenas coñeceron a Nelson Mandela, outros escoitaran falar que era alguén bo e que morrera, pero non sabían moi ben quen era, mentres que outros que xa o coñecían, aprenderon un pouco máis sobre a súa vida. 
Neste Día da Paz, quero lembrar unhas das moitas marabillosas frases de Madiba, para que reflexionemos, miremos ao noso redor, e pouco a pouco, ao menos no que temos máis cerca, consigamos o respeto, a non discriminación, desapareza a violencia...

Se queres facer as paces co teu enemigo, tes que traballar co teu enemigo. Entón, el volverase o teu compañeiro.

Ninguén nace odiando a outra persoa pola cor da súa pel, a súa orixe, ou relixión.

A morte é algo inevitable. Cando un home fixo o que considera coma o seu deber para o seu pobo e o seu país, pode descansar en paz. Creo que fixen ese esforzo e que, polo tanto, durmirei para a eternidade.

martes, 10 de diciembre de 2013

10 de decembro. Día dos Dereitos Humanos.

Hoxe celébrase o Día dos Dereitos Humanos, pero... cales son eses dereitos? Este vídeo explícanos moi ben como aparecen e cales son.



Dende o noso cole, queremos homenaxear a Nelson Mandela, quen dedicou 67 anos da súa vida ao servizo da humanidade, como avogado defensor dos dereitos humanos, traballando pola paz, pola solución de conflitos, a igualdade entre xéneros, os dereitos dos nenos e outros grupos vulnerables, a defensa das comunidades pobres...
Deixamos un vídeo onde Nelson Mandela explica que é Ubuntu, filosofía africana de traballo en equipo, lealdade, cooperación..

martes, 3 de diciembre de 2013

3 de decembro. Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

"Ninguén é coma o outro, nin mellor, nin peor. É outro. 
E se dous están de acordo, é por un mal entendido."
Jean Paul Sartre.

A ONU celebra o Día Internacional das Persoas con Discapacidade tratando de lembrar as dificultades que atopan cada día estas persoas nas rúas, na educación, na atención sanitaria... Un dos obxectivos principais é, crear unha sociedade inclusiva, pero para iso, deben eliminarse moitas barreiras e abrir moitas portas, e iso é o que se plantea este ano a ONU.
Nas nosas aulas debemos respetarnos, e aproveitar as diferenzas que temos entre nós para enriquecernos, aprender os uns dos outros, ter diferentes maneiras de ver as cousas, practicar a empatía (palabra moi bonita, pero ás veces, moi esquecida).
Dende a biblioteca, deixamos dous vídeos que nos axudarán a poñernos no lugar do outro, e a "ver" as cousas coma o fan eles, porque unha cor, non só se pode ver, tamén se pode tocar, sentir, imaxinar...





viernes, 29 de noviembre de 2013

Día das librarías.

Hoxe é o día das librarías. Durante esta xornada, poderemos disfrutar de descontos, firmas de autores, exposicións, contacontos... Na páxina web http://www.diadelaslibrerias.es/ atopamos información acerca desta celebración.
As librarías son lugares especiais, cheos de encanto, historias, aventuras... A libraría Lello e Irmao, de Oporto é considerada das máis belas de Europa. No seu interior, atópanse moitos detalles antigos coma unha escaleira de madeira ou unha vidreira no teito, que permiten viaxar no tempo.
Unha libraría de obrigada visita e que ademáis, foi escenario de películas coma Harry Potter.






martes, 26 de noviembre de 2013

Mes da Tradición Oral

Con motivo da celebración no mes de novembro, da Semana da Tradición Oral, dende a biblioteca convidamos a todos aqueles avós, avoas, pais, nais... do noso alumnado a que se acheguen ao colexio para contarnos historias, lendas, cantigas, cancións de berce... Animádevos a participar! e para que podades facer memoria, aquí deixamos enlaces moi interesantes:







lunes, 25 de noviembre de 2013

Día Internacional contra a violencia de xénero.

Aquí tedes un enlace da páxina da ONU moi interesante para o día no que nos atopamos. Premer na pizarra!!


Pizarras - GIFMANIA

25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A violencia que exercedes contra nós é o dioivo que non cesa. Se cadra non queredes ver as pingas, mais o dioivo existe. Non fai falla abrir o xornal e atopar outra muller asasinada, a auga comeza a caer moito antes. (...)
Pois nosoutras, que somos coma os ríos, os mares e os océanos traballamos cada día no medio do trebón para cambiar as pingas do orballo e da xeada, para darnos a man. Para que o dioivo que caia, no canto de ser os nosos corpos mazados, sexa auga para unha nova sociedade. Iso é o que reclamamos aquí e agora na mesma voz que nos une a todas as persoas do mundo que hoxe saímos á rúa para denunciar a violencia, esixir a súa fin e poñer en valor o noso traballo. Non estamos soas. Somos xa enxurrada de pingas poderosas que se arrepón ao torrente que quere afogarnos.


A Asociación de escritoras e escritores en lingua galega publica este manifesto onde reclaman o fin da violencia de xénero: O dioivo que non cesa, por María Reimóndez. Premendo aquí, pódese ver o manifesto completo.





miércoles, 20 de noviembre de 2013

Día Universal do Neno

O 20 de novembro do 1959 aprobouse por tódolos países que compoñían a ONU, a Declaración dos Dereitos do Neno, onde se recollen dez principios. Trinta anos máis tarde, o 20 de novembro de 1989, apróbase a Convención sobre os Dereitos do Neno, formada por 54 artigos. A diferenza entre esta Convención e a Declaración é que, os estados participantes teñen a obrigación de garantir o seu cumprimento, e trátase dun documento en constante revisión.
Este é un día que nos fai lembrar que os nenos teñen uns dereitos fundamentais, independientemente do seu lugar de nacemento. A pesar de lograr moitos avances relevantes, coma a redución da mortalidade infantil, todavía queda moito por facer para conseguir que tódolos nenos do mundo reciban coidados médicos, educación, unha alimentación adecuada, que xoguen e sexan felices.

jueves, 24 de octubre de 2013

24 de outubro. Día da biblioteca.

Hoxe, coma tódolos 24 de outubro, dende o ano 1997, celebramos o día das bibliotecas. Lugares maravillosos, cheos de maxia, soños, monstros, heroes... e que, a pesar do aumento do uso das novas tecnoloxías e a facilidade de acceder a moitas publicacións de maneira sinxela, nunca conseguirán ter o encanto que se atopa nunha biblioteca coa mestura de tantas historias, aventuras, coñecementos...

jueves, 16 de mayo de 2013

Cantares Gallegos:150 anos.

Este 17 de maio ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. Por este motivo en todo o país, houbo, hai e haberá actos tentando proxectar a figura e obra rosaliana. 
Dende o noso colexio recordámos a Rosalia no día da poesía, pero especialmente no festival das Letras Galegas, que celebramos o día 15, organizado pola Comisión de Dinamización da Lingua Galega, foi un luxo escoitar aos nosos cativ@ con esas voces tan doces, recitar poemas ben fermosos da nosa poeta máis internacional, tamén tivemos música e premios   de curtas, narración e poesía dentro dun concurso organizado por esta comisión e por suposto non faltou a referencia a figura de Roberto Vidal Bolaño... en definitiva toda unha homenaxe a Língua.
Para máis información http://aluademos.blogspot.com.es/

domingo, 28 de abril de 2013

Seguridade no traballo

Cada 28 de abril recordamos a seguridade no traballo porque cada día morren 6.300 persoas a causa de accidentes ou enfermidades relacionadas co traballo– máis de 2,3 millóns de mortes por ano. Anualmente ocurren máis de 317 millones de accidentes no traballo 
A ausencia dunha prevención adecuada das enfermidades profesionais ten profundos efectos negativos non só nos traballadores e as súas familias, senón tamén na sociedade no seu conxunto debido ao enorme custo que esta xera; en particular, no que respecta á perda de produtividade e a sobrecarga dos sistemas de seguridade social. 
A prevención é máis eficaz e menos custosa que o tratamento e a rehabilitación. Todos os países poden tomar medidas concretas agora para mellorar a súa capacidade para a prevención das enfermidades profesionais e relacionadas co traballo. 
A continuación un video ilustrativo que conciencia sobre moitos aspectos da seguridade no traballo.


domingo, 21 de abril de 2013

Día da Terra


A proclamación do 22 de abril como Día Internacional da Terra supón o recoñecemento de que a Terra e os seus ecosistemas proporciónannos a vida e o sustento ao longo da nosa existencia. Tamén supón recoñecer a responsabilidade que nos corresponde, promover a harmonía coa natureza e a Terra a fin de alcanzar un xusto equilibrio entre as necesidades económicas, sociais e ambientais das xeracións presentes e futuras.
Traemos un vídeo moi ilustrativo A Forest Year que recopila 40.000 imáxenes tomadas dende a ventá da casa do autor en 150 segundos de stop-motion; o resultado é como vai cambiando a vida do bosque durante 15 meses e se pode observar como a Gran Nai Natureza vai cambiando e renovándose.

lunes, 4 de marzo de 2013

Traballando a igualdade na semana do 8 de marzo

Este 8 de marzo queremos que sexa unha homenaxe a todas aquelas mulleres que loitaron e loitan pola igualdade de dereitos e de oportunidades.


O Machismo MATAEste ano, o Día Internacional da Muller céntrase na eliminación da violencia contra as mulleres, que afecta a 7 de cada 10, sendo unha das principais prioridades da Muller da ONU. O lema deste año é «Unha promesa é unha promesa: É hora de actuar para acabar ca violencia contra a muller», busca reforzar o compromiso da comunidad internacional. Facemonos eco das verbas do Secretario General da ONU, Ban Ki-moon "Existe unha verdade universal, aplicable a todos os países, culturas e comunidades: a violencia contra a muller nunca é aceptable, nunca é perdonable, nunca é tolerable."


Dende a ONU muller editase "One Woman" ,a canción que se estreará o 8 de marzo , será como un berro que inspirará aos oíntes a unirse á unidade dos dereitos da muller e a igualdade de xénero. 

Por todo isto dende a biblioteca do noso colexio achegámosvos novamente, información e recursos que vos poidan resultar de interese e utilidade.
Para conmemorar ese día repartiranse uns blocks de posits, para que na hora do proxecto lector as nenas e nenos escriban ou debuxen, os seus desexos, boas intencións, pensamentos,… para fomentar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Logo pegaranse en dúas siluetas femininas que colocaremos na entrada da biblioteca. Tamén escoitaremos a canción editada pola ONU" One Woman"





PREME PARA OBTER RECURSOS

                                                                



Díana Avella canta en rap sobre           a vida da muller.



A vida de Frida Kalho é un exemplo de superación persoal; e ao mesmo tempo de loita, por ser tratada de maneira similar ao xénero masculino.





  



                   Uns vídeos sobre coeducación.
                                       
!