Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Novidades. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de febrero de 2026

Novidades editoriais

 Xa están expostos o material adquirido e catalogado para este segundo trimestre. Hai variedade para gustos diferentes.






Para ler en familia
Para mentes curiosas

lunes, 23 de octubre de 2023

Novidades

 Atendendo ás suxestións do noso alumnado e profesorado nas primeiras quincenas mercáronse libros, que despois da  catalogación e etiquetado estarán nos andeis da biblioteca.





miércoles, 11 de enero de 2023

Novos libros para un novo ano

Empezamos este ano 2023 con variedade de novidades editoriais para todos os gustos. Esperamos que lles gusten!! 




 

lunes, 25 de enero de 2021

Novidades editoriais

 Para comenzar este novo ano atípico que mellor que con moitas novidades  editoriais de temáticas diferentes para animarnos a ler e disfrutar.








viernes, 5 de junio de 2020

El rombo feroz

Chegounos á biblioteca a interesante recomendación realizada por unha familia, "El rombo feroz".
Si che gustan os contos clásicos contados de forma diferente, este é o teu libro!.
Non te perdas as aventuras do rombo Feroz e o resto de figuras xeométricas que viven no bosque de liñas. Conseguirán Circuliña Vermella, os tres trianguliños e os sete cuadradiños que o rombo deixe de ser o persoaxe máis temido do conto?
Trátase da segunda publicación en Canica Books da coñecida autora 
Gracia Iglesias, un álbum ilustrado por Cecilia Moreno, cheo de diversión, cor e xeometría.
Ademais non é un libro, son tres libros nun!
Grazas a esta familia por esta interesante suxestión! Anímate a deixar a túa!






jueves, 4 de junio de 2020

Yo y el mundo

Yo y el mundo. Una historia infográfica (portada)
Xa nos chegou este libro magnífico infográfico, recomendado por unha familia, que nos mostra unha ampla información visual do mundo, sobre temas variados: tipo de comidas, familias, mascotas, idiomas, traballo, vivenda, almorzos, xogos... 
Un libro infantil que combina narración con divulgación, valéndose do uso de infografías para explicar centos de datos curiosos sobre a vida de súa protagonista, Lucía, e do mundo en xeral.
Cada páxina é unha autentica xoia, chea de información moi interesante.
Agradecemos esta interesante suxestión e animamos a que deixedes a vosa.

Yo y el mundo. Una historia infográfica (1)

jueves, 28 de mayo de 2020

Nadie como yo


Mercamos este libro da editorial Kalandraka que nos sorprende ca historia que narra, acompañado dunhas ilustracións fermosas.
Ficción e realidade superpoñense nesta metáfora sobre o poder que, a través da figura dun porco, presenta a un tirano que repasa a súa traxectoria vital.
Nas súas páxinas observamos os delirios de grandeza dun ditador, a egolatría e o afán de perpetuación e os abusos do poder, en definitiva un ser engreído, frío e egoísta...para chegar a un final inesperado.

jueves, 3 de octubre de 2019

Novidades editoriais

Abrimos as portas da Biblioteca con novidades editoriais, intentamos abarcar a variedade de intereses que existen, e lograr aumentar o pracer da lectura.



domingo, 3 de marzo de 2019

Novidades

Estas son algunhas das novidades deste trimestre, a maioría xa están nos andeis da biblioteca ou na mochila do alumnado. Os libros son variados como variados son as preferencias, asi hai: de banda diseñada, aventuras, de medo, de risa, de animais e natureza, de lóxica e de enigmas... por suposto non podía faltar a poesía. Asi que o que non le e porque non quere.




martes, 8 de enero de 2019

O país dos xoguetes de María Calvar

Resultado de imaxes para O País dos Xoguetes maria calvar
María Calvar Giráldez naceu en Mos no 2004  e foi alumna no noso centro,  entregada á escritura participou e gañou en varios certaméns literarios cos seus relatos.

Agora acaba de publicar  o libro "O País dos Xoguetes" unha historia dunha nena que todos os xoves se lle abría unha porta nova e misteriosa.... Este é un libro sobre a imaxinación, a maxia, os amigos...
Dámoslle a noraboa e sentímonos orgullosas/os de María.

domingo, 17 de junio de 2018

Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés


A editorial Kalandraka vòlvenos a traer tenrura en forma de bebé con este Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés de Mem Fox e Helen Oxenbury.
Dende o ártico ao deserto, en calquera continente, cidade ou tribo, todos os bebés nacen con dez dedos e dez dedas. Tenrura rimada, repetitiva e acumulativa para viaxar polo mundo en clave de diversidade e igualdade.


martes, 22 de mayo de 2018

Nina e Antón


Antonio Ventura e Alejandra Estrada: editan este libro da man de  Kalandraka
Que pode haber máis bonito que ler para outros? Quizais ser ese outro?
Con este libro seguramente non imos saír de dúbidas, pero disfrutaremos dun anaco da tenra historia de amor entre unha nena e o seu gato. Talmente como se os estivésemos vendo polo burato da pechadura.
Todos os rapaces deberían poder sentir polo menos unha vez ao día ese agarimo que hai detrás dunha mirada compartida a un conto con fermosas ilustracións. Como o que ven Nina e Antón.
Destinado a primeiros lectores.

domingo, 18 de marzo de 2018

Formigas, risas, flores e dinosauros

 Formigas, risas, flores e dinosauros é un libro de Euloxio R. Ruibal, publicado en Galaxia .
Catro historias imaxinativas para deleitarse non só co argumento, senón tamén coas palabras escollidas polo autor – “un home de teatro”- para narralas.
En realidade, son historias de feliz final: a de Xoana, a formiga loura que aprende a lingua das formigas mouras; a de Claudia, á que se lle logra unha curiosa flor; a de Chinto, a súa risa e a súa bici; e a de Santi e o seu Iagosauro , que xuntos funcionan talmente como superheroes.
Dirixido ao lecturado autónomo, o libro contén valiosas metáforas en si mesmas que tamén poden funcionar como frutíferas pontes: ao Principiño, ao Espantallo amigo, a Plinio ou Estrabón, ao léxico relacionado cos sons que emiten distintos animais...

lunes, 5 de marzo de 2018

El abrigo de Jana

El abrigo de Jana
O abrigo de Jana é un álbum ilustrado escrito por Lola Ordoñez e ilustrado por Desiree Arancibia, que nos fala daqueles momentos nos que sentímonos insegur@s respecto de quen somos. Jana non sabe recoñecer as súas cualidades, porque está centrada en mirar cara a fóra e crer que ao seu arredor todos posúen características que destacan máis cas súas. Non é consciente de que tod@s aprecian e valoran as cualidades de Jana, e en cando llo mostran a pequena reforza a confianza nela mesma.
Esta historia ricamente ilustrada fálanos de forma simbólica dunha nena que non cre nela mesma. Ese abrigo gris reflite a dúbida e a falta de seguridade, pero grazas ao reforzo positivo libérase del e logrará gozar da experiencia de ser ela mesma.
Esta proposta da editorial Emonautas inclúe unha guía pedagóxica para nais, pais e educadores con consellos de gran utilidade para axudar aos nenos e nenas a fomentar unha autoestima positiva.

jueves, 8 de febrero de 2018

Xinfu, na maldición guauchuki


Este cómic infantil está incluído na colección Merlín cómic, da que forman parte tamén títulos como Marcopola.
Xinfu (que significa feliz en chinés) e Wini son dous cans que viven unha vida pracenteira até que descobren un óso que posúe un poder máxico que os vai trasladar a outro mundo, onde vivirán aventuras extraordinarias.

Destinado a partir de primeiros lectores (6-8 anos), vén acrecentar os títulos (aínda escasos) de banda deseñada infantil en galego, que poden formar parte dos fondos da biblioteca escolar ou ben dunha selección de cómics para as mochilas viaxeiras.

martes, 9 de enero de 2018

Saltón no camiño


Kalandraka acaba de publicar en galego Saltón no camiño, un dos libros clásicos de Arnold Lobel que vén acrecentar os títulos dispoñibles deste autor na nosa lingua.
Na súa viaxe, Saltón atopa a moitos personaxes como uns escaravellos, un verme, unha mosca, un mosquito, unhas bolboretas ou uns cabaliños do demo, e vive con eles unhas historias moi interesantes, que van enriquecer seu camiño.
Aínda que a ilustración ou o tamaño da letra nos fagan pensar que está destinado para os máis pequenos, a súa lectura pode resultar de interese para todas as idades.

domingo, 10 de diciembre de 2017

Os caimáns van de paseo.


Os caimáns van de paseo. Este alfabeto é un álbum de Maurice Sendak que temos  na nosa lingua grazas de novo á editorial Kalandraka
Un simpático alfabeto cunha familia de crocodilos que pasean, xogan, cociñan e fan moitas máis cousas... Rimas e humor para gozar das letras. Unha maneira moi agradable e simpática de aprender o alfabeto.

lunes, 13 de noviembre de 2017

Animais de compañía


Kalandraka volve.reeditar un libro fermoso e que hai tempo que estaba esgotado
De boca en boca van por toda a vila faladurías sobre unhas estranas criaturas recén chegadas nunha caixiña. Un xogo de palabras rimado que sementa a confusión... e a risa! Nova edición dun relato creado hai case 20 anos
.

lunes, 6 de noviembre de 2017

Curiosidades do mundo

Resultado de imagen de GRAN LIBRO ILUSTRADO curiosidades del mundo
 Un libro editado por Usburne para as  mentes curiosas, que non se cansarán de admirar as fermosas ilustracións, ler os textos e comentar a asombrosa información cos seus compañeiros/as. O corpo humano, a comida, o espazo, a música e o deporte son só algúns dos moitos temas que trata este libro.
A editorial  na súa páxina tamén proporcionanos lins interesantes sobre moitas das curiosidades que trata este interesante libro.

lunes, 16 de octubre de 2017

A señorita Bubble



A historia de "A señorita Bubble" é o título da última entrega literaria da escritora galega Ledicia Costas, conta coas ilustracións de Andrés Meixide, Volve a sorprendernos a narrativa e diálogos inxeniosos así como un mundo fantástico moi ben artellado.
A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.