Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións lectoras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións lectoras. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de diciembre de 2025

Beland mi lugar en el mundo


O venres 28 de novembro estivemos na presentación en Vigo na librería "Libros para soñar" do libro "Beland, un lugar en el mundo" publicado pola editorial Brau.

A autora Laura Torres e a ilustradora Raquel Aparicio dan vida a unha nova palabra (Beland), que significa “o lugar que te fai sentir na casa, protexido, en paz”.

Este libro, publicado con fins benéficos, forma parte do movemento #Beland que, xunto con Save the Children, está a recadar fondos para axudar a nenos en situacións de conflito. #Beland é unha iniciativa da Fundación Alba Torres Carrera que defende o dereito fundamental de todas as persoas a ter un lugar onde se sintan seguras. Tamén busca promover unha linguaxe social baseada na convivencia e o respecto, onde as palabras importan.

Un libro que mercamos para o centro, asinado pola autora.

jueves, 4 de diciembre de 2025

Recomendacións lectoras de Nadal.

Como todos os anos por estas datas realizamos unhas recomendacións lectoras para agasallar en Nadal.
Libros que é necesario mercar dado que se empregarán na aula como ferramenta de traballo; posteriormente teremos a visita do escritor/a ou ilustrador/a que asinará os exemplares.


martes, 11 de mayo de 2021

Recomendacións lectoras en lingua galega

 Na semana previa ás Letras Galegas traemos unha selección de libros de interés na nosa lingua, tanto para Educación Infantil como para Primaria.



sábado, 26 de diciembre de 2020

Lecturas de Nadal

Son tempos para estar en familia na casiña. Unha maneira de estar en compañía divertíndose é cun libro, por iso como cada curso recomendamos un libro de lectura para agasallar.
En 2º :

"Lupas y Nanai: un Misterio de aire"  de Diego Arboleda. Editorial Anaya.

En 3º: 
Pediron que os Elfos lles deixaran na clase un libro sobre unha formiga... Non decimos nada máis para que haxa sorpresa ao chegar.
En 4º
"Atlas da Galicia pequeniña" de Aira Editorial.
En 5º
 "Plan de Rescate" de Antía Yáñez de editorial Xerais.
En 6º 
"Música no faiado" de Miguel Ángel Alonso de editorial Xerais.


FELICES FESTAS






viernes, 20 de diciembre de 2019

Recomendacións lectoras de Nadal

Resultado de imaxes para gifs animados de navidad libros


Como todos os anos por estas datas realizamos unhas recomendacións de libros para agasallar en Nadal. Libros que se empregarán na aula como ferramenta para traballar e posteriormente teremos a visita do escritor/a ou ilustrador/a que asinará os exemplares.

          O coelliño que quería un pastel
  •  2º E 3º CURSO: BESTIARIO DOMÉSTICO”. AUTORA: Raquel Castro.  EDITORIAL: Galaxia.
            Bestiario doméstico (Árbore)

  •  4º E 5º CURSO: “ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA”. AUTORA: Ledicia Costas.  EDITORIAL: Xerais
          

  • 6º CURSO: “LA PRINCESA INCA”   AUTORA: Ana Alonso.  EDITORIAL: Anaya
:         
  •  “O FÍO VERMELLO”   AUTORA: An Alfaya.  EDITORIAL: Xerais.O fío vermello (Infantil E Xuvenil - Merlín - De 11 Anos En Diante)


DESEXÁMOSVOS FELICES FESTAS E FELICES LECTURAS!! 


martes, 18 de junio de 2019

Recomendación lectora: Mortadelo e Filemón

Nesta ocasión Antonio e Raynier, de 3ºB, fannos una recomendación lectora, para o que se informaron con argumentos para convencer aos oíntes da lectura dos libros de Mortadelo e Filemón. Estes alumnos son uns namorados destes libros de banda deseñada


.

jueves, 23 de mayo de 2019

Recomendacións lectoras: Manolito Gafotas

Un equipo de cinco alumnos/as de 5ª A, composto por Ariadna, Paula, Daniel, Carmen e Xian realizaron un programa onde nos recomendan a lectura do libro de Manolito Gafotas de Elvira Lindo. Escoitade, escoitade veredes que interesante. 

miércoles, 22 de mayo de 2019

Recomendacións lectoras: Mortos de Ningures

Empeza unha nova sección dentro da Radio Escolar "Recomendacións lectoras" onde se poderá falar dun libro e do seu autor/es, facer suxerencias, comentarios... sobre libros lidos. 
Resultado de imaxes para mortos de ninguresRealizaron este programa Nicolás, Pablo, Eva, Erika e Israel de 5º B que nos recomendan o libro "Mortos de Ningures" da editorial Everest; onde nos falan da trama, da súa opinión e do resto da clase sobre o libro e moitos máis datos de interese...