Este pasado fin de semana a AMPA preparounos para o patio unhas preciosas sorpresas de madeira para que o alumnado poidese xogar.
Unha delas foi unha casiña para deixar libros e poder coller. Este luns o alumnado que acudiu á biblioteca quixo levar libros para meter na casiña.Todas as entradas do blogue
miércoles, 21 de enero de 2026
jueves, 20 de noviembre de 2025
Club de lectura de sexto
A invasión dos trastos comezou! Nerea regresa cunha nova aventura chea de humor sobre os excesos no uso das novas tecnoloxías.
viernes, 30 de mayo de 2025
domingo, 11 de mayo de 2025
Club de lectura maiores: A Culpa
O martes 6 de tivemos o noso derradeiro club de lectura deste curso, despois de pospoñelo unha semana por causa do apagón eléctrico.
Para rematar a coordinadora da biblioteca deixáranos unha sorpresa nun paquetiño especial cunha mensaxe ben fermosa:

Eran uns chaveiros de madeira, realizadas coa cortadora laser, da silueta do noso grande Castelao, co logo do club de lectura. Que ilusión nos fixo!! Grazas!!
miércoles, 18 de diciembre de 2024
Contos na radio...Das y Zas aprenden a contar
Paula e Gabriela de quinto de primaria son unhas entusiastas bibliotecarias pero tamén son unhas entusiastas contadoras de contos.
Tiñan moita ilusión por ir a infantil de tres anos e despois de moitos ensaios a semana pasada foron a contarlles a historia de "Das e Zas", conseguiron que o alumnado estivese moi atento. Como o fixeron tan ben realizaron a gravación na radio.

martes, 21 de mayo de 2024
As familias contan... "La promesa de las pandas"
A familia de Alex de 5ºB de Educación Infantil achegouse ao centro para compartir co alumnado o libro "LA PROMESA DE LAS PANDAS" de RACHEL BRIGHT da editorial Edelvives.
Un libro sobre o amor da familia e a importancia de cumplir as promesas.
" No alto das montañas, Coco e Ketu, dúas irmás, cachorros de panda vermello, viven baixo a protección da súa nai. Ambos prometen non alonxarse e coidarse mutuamente. Pero, a medida que medran, o desexo de explorar faise cada vez maior.
Encantoulles a experiencia tanto ao alumnado como á familia. Grazas!!!
martes, 19 de marzo de 2024
Martina e Keren contan... “ O polo Pepe”
Martina e Keren achegáronse a aula de 4º de EI, para contarlles o conto do “O POLO PEPE”, o cal encantoulles porque ademais tiña as páxinas pop-up.
Fixérono xenial e esperan volver a recibir máis visitas!! Moitas Grazas.miércoles, 7 de febrero de 2024
Gabriela conta... "El cocodrilo carnívoro"
Gabriela de 4ºquixo contar un conto na aula de 6º de EI, onde está súa irmá Naiara. Gabriela veu acompañada da súa compañeira de aula, Alba. Ambas contaron "El cocodrilo carnívoro".
Elas como son grandes artistas introduciron o libro cunha pequeña obriña de teatro, a medida que ian narrando a historia. Ademais fixeron unhas etiquetas co nome de cada rapaz deseñadas por elas. Ao alumnado encantoulles!!
Canto traballo e ilusión mostaron nesta actividade!

jueves, 7 de diciembre de 2023
Conmemorando o Día da Diversidade Funcional
O martes 5 de decembro conmemoramos o Día da Diversidade Funcional ca representación do libro da editorial Kalandraka "Orellas de Bolboreta". As bibliotecarias de 5º e 6ºB foron as encargadas de presentar o acto e interpretar aos diferentes personaxes.
Asistiron a este acto todo o alumnado do centro. Fixérono xenial!! Todas unhas artistas!!
martes, 13 de junio de 2023
Contos na radio...Mapache quiere ser el primero
Rematamos
por este curso no programa Contos na Radio co título " Mapache
quiere ser el primero" da editorial Nube ocho. Este libro o elixiu Alba
Giráldez de 3º de EP por ser un dos seus preferidos, que foi a encargada de
darlle voz. Encántanos esta actividade que esperta tanto interese!!