Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia do libro. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de abril de 2025

AFILLAMENTO LECTOR

 Como en cursos anteriores con motivo do Día do Libro realizamos o apadriñamento e amadriñamento lector, onde o alumnado máis maior le aos máis pequenos.

Por motivos das vacacións de Semana Santa este  acto realizouse o día 25.

A idea era que todo o alumnado saíra a realizar esta actividade  no noso fermoso patio pero o impedíunolo o neboeiro e as pingas de choiva.

O alumnado de 2º a 6º responsable da lectura co seu libro escollido foi buscar ao alumnado asignado a clase correspondente, despois elixiron un lugar onde procederon a ler e escoitar.

Foi unha xornada moi estimulante onde se desfrutou da lectura nun entorno diferente!!






miércoles, 23 de abril de 2025

23 de abril día Mundial do Libro

Chegou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor e con el a edición do cartel para conmemorar este día 23 de abril de 2025, acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor e director do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Núñez Singala, recoñecido polo lectorado infantil e xuvenil galego co Premio dos Clubs de Lectura 2023.
Dende o noso centro para esta semana especial temos nos andeis moitas novidades editoriais para as diferentes idades.
O venres 25 de abril celebramos o día do libro co noso apadriñamento e amadriñamento lector, como en cursos anteriores, onde saíremos ao patio e cada un do noso alumnado máis maior vai ler aos máis pequenos/as
.


domingo, 23 de abril de 2023

Contos na radio..." Imos cazar un oso"

 


Lía de 5ºA deulle voz ao conto " Imos cazar un oso" da editorial Kalandraka.


A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. É un álbum ideal para primeiros lectores.

jueves, 22 de abril de 2021

Ler cámbiate: Cambiamos unha ilustración por unha lectura

Neste 23 de abril quixemos facer un mercado de libros usados na entrada da biblioteca.
A condición para levar un destes libros foi que o alumnado de 4º 5º e 6ª realizara a ilustración do seu libro favorito. 

O resultado foi moi educativo ao tempo que vistoso, dado a variedade de portadas   que se recibiron. 

 A recollida dos libros será o venres 23.                        



Chegou o venres 23 de abril, para recoller os libros.






Día do Libro: O poder da lectura



Día do Libro (tamén denominado Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor ) é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrouse por primeira vez baixo os auspicios da UNESCO en 1995 coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e do Dereito de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 no calendario gregoriano) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare (no calendario xuliano). Na Inglaterra daquel tempo aínda se utilizaba o calendario xuliano, que tiña unha diferenza de 10 días co calendario gregoriano que se usaba en España. Shakespeare, polo tanto, morreu 10 días despois de Cervantes. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega, fillo do conquistador Sebastián Garcilaso de la Vega e da princesa Inca Elisabet Chimpu Occlo, irmá de Huayna Capaz, último emperador indio.

Por este motivo o noso colexio celebra este día ao grande con exposicións de libros na biblioteca,  o alumnado convertese en booktuber por clase con recomendacións de libros e a biblioteca realiza un mercado de libros usados, onde o alumnado de 4º, 5º e 6º poderá recoller un libro se realiza unha ilustración. 

lunes, 19 de abril de 2021

O principiño

Na semana do libro que mellor que traer o libro de Antoine De Saint-Exupery O principiño, pero esta vez en animación. 


 

jueves, 15 de abril de 2021

O poder da lectura: Ler cámbiate

 Con motivo do día do libro imos realizar un mercado de libros usados, para recibilos  propoñémoslle un reto ao alumnado de 5º e 6º, que é realizar unha ilustración  do seu libro favorito,  a cal lle servirá para obter un libro.

      CAMBIAMOS UNHA ILUSTRACIÓN POR UN LIBRO.


viernes, 24 de abril de 2020

O coelliño que quería un pastel

Na semana do Libro traemos este bonito libro: "O coelliño que quería un pastel" elexido  no noso centro para a lectura en Educación Infantil e primeiro curso de Primaría.
Este libro de Fina Casalderrey e Ramón Besora da editorial Rodeira, fainos valorar a importancia do traballo en equipo, e  déixanos un sopriño no aire para reflexionar sobre a nosa alimentación. 
“Vaia fame de xigante lles contaxiou o coelliño aos animales do bosque! Veciños e veciñas organízanse para, xuntos, cociñar un rico pastel. Rico? Hum... Se cadra non están todos de acordo. Queres descubrilo ti?
Está narrado polo nosa compañeira Verónica.

Máis recomendacións polo Día do Libro

A nosa proposta lectora polo Día do Libro tivo tan boa acollida, que no medio de tanto material recibido, se nos agacharan dous vídeos, ademais ao longo do día de onte  seguimos recibindo fotos. Polo que quixemos  deixalas nunha nova presentación,  como un  agasallo.
                         Bo día e boas lecturas !!


jueves, 23 de abril de 2020

Día do Libro: Recomendacións lectoras .

As circunstancias excepcionais fixéronnos celebrar o Día do Libro na casa, a pesar diso quixemos que fose unha data especial en torno á lectura. 
Pedimos á Comunidade Educativa que nos deran a coñecer o libro que estaban lendo, a través  dunha foto ou vídeo.
A convocatoria de participación foi masiva tanto de alumnado, mestras, participantes no club de lectura e familias. Polo que tivemos que realizar dúas presentacións, por un lado as fotos das persoas co libro e por outro lado os vídeos coas recomendacións lectores.
Moitas grazas a todos e todas por compartir o que estades a ler! 

Feliz Día do Libro!

martes, 21 de abril de 2020

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor - 2020

  Este xoves día 23 celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación: 

"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas!



A imaxe do díptico é tamén unha colaboración do profesor Harold Iglesias, a quen agradecemos esta fotografía dun "chasco" da Costa Vicentina (Portugal), paxariño común tamén no noso país. Pódese coñecer algo máis deste "chasco común" na ligazón https://gl.wikipedia.org/wiki/Chasco_común e mesmo escoitar o seu canto: https://www.canto-pajaros.es/tarabilla-europea/

jueves, 2 de abril de 2020

Día Internacional do Libro Infantil, 2 de abril.


miércoles, 24 de abril de 2019

Festexando o día do libro

Esta é a programación desta semana de festividade do libro
Empezamos esta celebración con abundancia de novidades  editoriais para diferentes idades e con variedade de temáticas, asi atopamos: poesia, biografías, de natureza, de records, adiviñas, banda diseñada, diarios... Colocamos na entrada da biblioteca unha gran mesa .

Continuamos a celebración do 23 de abril, despois do recreo no proxecto lector, cos Apadriñamentos Lectores, que este ano a causa de choiva tiveronse que realizar dentro do colexio. 
Cada neno/a maior, padriño ou madriña, recolleu ao seu afillado/a  na aula e lles leron o libro que eles previamente elexiran como adecuado para ese momento. Asi se encheron os corredores, biblioteca e pavillón de interesados lectores/as.  
Unha experiencia enriquecedora e moi tenra en torno á lectura.