Mostrando entradas con la etiqueta inclusión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta inclusión. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de junio de 2023

Xogos para divertirse e aprender

Moitos dos xogos que hai na biblioteca empregáronse como unha ferramenta de axuda  para alumnado con diversidade funcional. Xogos de lóxica, memoria, razoamento,  matemática,  linguaxe, construcións...






 

domingo, 28 de mayo de 2023

Tempos de lecer na biblioteca

Na biblioteca, según os intereses da persoa, pódese ler, debuxar, escribir,  investigar, construír, deseñar para impresora 3D, xogar só ou en compañía... 





miércoles, 25 de enero de 2023

Libros de diversidade afectivo-sexual

O martes 17 de xaneiro tivemos unha charla divulgativa sobre a diversidade afectivo sexual, a cargo de Cristina Palacios, traballadora social e presidenta da asociación ARELAS.
O noso labor como docentes consiste en acompañar a toda a infancia; sexa esta trans ou cis. Para nós cada un deles é unha persoa única e o que queremos  é que sexan felices e a súa etapa na escola sexa recordada como un tempo marabilloso e seguro ademais de enriquecedor nas aprendizaxes máis curriculares. 
 Un mundo máis diverso é un mundo moito máis rico en pensamento, en opinións, en xeitos de entender as cousas.
 O equipo da biblioteca aproveitamos esta formación para sacar dos andeis todos os libros que temos sobre a temática de diversidade afectivo-sexual e os colocamos nun lugar máis visible.





viernes, 8 de mayo de 2020

Mi hermanito de la Luna

Compartimos Mon petit frère da lune (O meu irmanciño da Lúa), unha curtametraxe do ano 2007 dirixido e animado polo Francés Frédéric Philibert e baseado na súa propia historia de vida, xa que el é o pai dos protagonistas.
A curta é narrada pola voz en off de Coline, irmá de Noé, quen nos conta coas súas propias palabras, nunha linguaxe sinxela e poética, como é o singular mundo do seu irmanciño, e o especial de vivir xunto  el, que parece naceu na lúa.
Premiado no festival Handica Apicil de 2007, "O meu irmanciño da lúa" é un tenro e fermoso traballo que mostra varias características importantes presentes no TEA , como son a intolerancia sensitiva a certos ruídos e situacións, a fixación por certos obxectos, as estereotipas que provocan incredulidade, entre outras. 
Este tipo de proxectos son moi importantes para axudar a comprender a estas persoas que o padecen.

lunes, 20 de abril de 2020

Hai unha liña

Adaptación do conto "El día de Manuel ". Tradución ao galego, letra adicional e música de Seso Durán.
"El día de Manuel" é un conto de María José Ferrada, ilustrado por Patricio Mena e editado en Chile e posteriormente en Japón.
11150527_979452858740368_4607276038558087783_n

domingo, 17 de febrero de 2019

Libros de inclusión

Neste mes de febreiro estamos a disfrutar dunha maleta moi interesante con material para traballar a inclusión dende as diferentes aulas.
 Maleta que foi solicitada á biblioteca do CEFORE de Vigo.