Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Teatro. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de noviembre de 2024

Pum pum! Quen hai?

 O pasado martes, o noso alumnado de educación infantil gozou moitísimo da experiencia do teatro, onde non só se divertiron, senón que tamén tiveron a oportunidade de descubrir un dos xéneros literarios máis máxicos e emocionantes.


Unha vivencia chea de aprendizaxe e diversión!!

miércoles, 15 de mayo de 2024

Tarabelos Teatro no centro

A biblioteca sufragou e organizou, para o luns 13 de maio, dúas obras de teatro co grupo de teatro Tarabelos para todo o alumnado. Na primeira obra  estiveron Educación Infantil, 1º e  2º de E.P. e na segunda 3º,4º,5 e 6º de E.P
Desfrutaron dunha obra teatral en galego titulada "Sabela e o paxaro máxico" puideron compartir risas, expectación, sorpresas, creatividade, imaxinación...e todo na nosa fermosa lingua!










lunes, 13 de mayo de 2024

Actividades na semana das Letras Galegas

         

Un ano máis celebramos no centro a semana das Letras Galegas con actividades diversas:

Como cada curso,  especialmente nesta semana, nas diferentes aulas adícase a traballar a figura homenaxeada das Letras, neste caso Luísa Villalta.

A comisión da biblioteca organizou un recuncho cos libros da autora e un expositor, na entrada da biblioteca, coas novidades mercadas nestes dous últimos meses en lingua galega.

Ademais a Biblioteca sufragou e xestionou, para o luns 13 de maio, dúas obras de teatro co grupo de teatro Tarabelos para todo o alumnado.

O mércores 15 teremos durante toda a mañá o festival das Letras Galegas onde haberá actuacións de cada grupo de clase e proxección de vídeos de Luísa Villalta.


O xoves 16 de maio contaremos ca actuación no centro do músico Magín Blanco, subvencionado pola Comunidade de Montes de Tameiga.







------------------------------------------

Este ano o 17 de maio está dedicado á poeta coruñesa Luísa Villalta (1957-2004), coincidindo co vixésimo aniversario do seu falecemento.

Luísa Villalta naceu o 15 de xullo de 1957 na Coruña. Titulada superior de violín, a música foi un elemento principal na súa mocidade, chegando a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia.

Tras licenciarse en Filoloxía Hispánica e en Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela en 1982, apostou por dedicarse ao ensino.
Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

miércoles, 25 de mayo de 2022

Visita de Sabela Gago

O martes 24 de maio recibimos a visita de Sabela Gago, de Sarabela Teatro, que realizou un contacontos moi divertido para infantil e primeiro ciclo da educación primaria que fixo as ledicias dos máis pequenos do colexio co único poder (e moi importante) da palabra e a xesticulación! Rímonos moito e desfrutamos cos seus contos e as súas rimas. Esperamos contar con ela de novo o vindeiro curso!




domingo, 1 de noviembre de 2020

Camiño do Samaín

 O alumnado de 3º B realizan para a radio unha obra de teatro titulada "Camiño do Samaín".


viernes, 6 de mayo de 2016

Carabuñas

 Aqui tedes a gravación da obra de teatro de Carabuñas, interpretada polas bibliotecarias de 5º



Se queredes seguir disfrutando de Carabuñas ir ao bloguer  de Infantil


jueves, 5 de mayo de 2016

Teatralización de Carabuñas

O día 29 de abril para rematar a celebración do día do libro, dende a Comisión de biblioteca organizamos a dramatización de “Carabuñas”, libro que se lle pedirá ao alumnado de Infantil por Nadal.
Houbo moitos ensaios, compra de traxes e decoración, ingredientes que resultaron fundamentais para que encandilaran a todo o público existente, infantil e primeiro curso. 
As alumnas de 5º, bibliotecarias, Noa, Fátima e Aroa realizaron un traballo marabilloso. Noa interpretou a Carabuñas, Aroa a intrépida Blanca e Fátima cunha entonación perfecta foi narrando a historia. Noraboa!!
A atención e o silencio foi total, o  que  fixo que se poidera gravar cunha moi boa calidade.






lunes, 28 de marzo de 2016

Día do teatro

O  27 de marzo celébrase o día Mundial do Teatro, e como neste 2016 agasallamos  a  Manuel María, queremos facer memoria  dalgunhas das súas obras dramáticas:
  • Auto do taberneiro 
  • Auto do labrego 
  • Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos) 
  • Barriga verde 
  • Unha vez foi o trebón 
  • Auto trascendental do ensino tradicional 
  • Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela 
  • Auto do Maio esmaiolado 
  • Abril de lume e ferro 
  • Auto do Castromil ou a revolución dos baúles 
  • Unha vez foi o trebón e Farsa de Bululú 
  • A lúa vai encoberta 
  • Edipo

jueves, 2 de octubre de 2014

TEATRO: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

 
Se pinchas aquí accederás a toda a información sobre a obra e onde está previsto presentarse.
En outubro estará en Pontevedra e en novembro en Vigo e Tui