viernes, 23 de enero de 2026

 

Momentos de concentración, de relax, de xogos compartidos... cos materiais obtidos polas subvencións do plan de Biblioteca Creativa.





jueves, 22 de enero de 2026

Vera e Isabella contan... " Unha fabrica de bicos"

Na aula de cinco anos Vera e Isabella contaron " Unha fabrica de bicos",  a continuación elas entregáronlle uns corazóns que o alumnado tivo que decorar. Que ben o pasaron!!

Clara e Claudia contan... "Elmer"

 Clara e Claudia foron a contar a historia de Elmer á aula de catro anos A. A historia deste elefante de cores resultoulle moi entretida.

Martín e Mara contan..." O coelliño branco"

 Martín e Mara foron á aula de quinto de Educación Infantil, da mestra Blanca, a contarlle a historia do Coelliño Branco, que cando chegou a súa casa a tiña ocupada pola Cabra Cabresa. 

A cativada estivo moi atenta as aventuras deste coelliño.



miércoles, 21 de enero de 2026

Casiña de libros

 Este pasado fin de semana a AMPA preparounos para o patio unhas preciosas sorpresas de madeira para que o alumnado poidese xogar.

Unha delas foi unha casiña para deixar libros e poder coller. Este luns o alumnado que acudiu á biblioteca quixo levar libros para meter na casiña.



Julieta e Marina contan... "A que sabe a Lúa?"

 Julieta e Marina de quinto de EP foron á aula de 3 anos a contarlle un dos seus libros favoritos "A que sabe a Lúa?". Elas leváronlle tortitas de chocolate branco para que probaran a que podía saber a Lúa. 

Ao alumnado encantoulle a actividade, estiveron moi atentos. 




lunes, 19 de enero de 2026

Club de lectura: El cementerio de cristal


O martes 13 de xaneiro celebramos o primeiro club de lectura de adultos deste curso, que por motivos da folga non poidemos realizar no primeiro trimestre de curso.

O libro “ El cementerio de cristal” de Carlos Aurensanz deunos moito para falar . É unha novela para facer memoria do que aconteceu no penal de San Cristobal.

A novela abarca un espazo temporal comprendido entre 1936 e 1942 e finaliza cun epílogo datado en 2010.

Carlos Aurensanz introdúcenos de cheo na vida dun penal que non naceu como tal, senón que se trataba dun forte preparado para uns poucos centos de persoas e non para os máis de dous mil presos que alí se viron hacinados.

O 22 de maio de 1938 setecentos noventa e cinco recluídos do forte de San Cristóbal protagonizaron unha fuga longamente silenciada e cuxa historia empezou a recuperarse a finais dos anos oitenta. Daqueles case oitocentos presos que marcharon ladeira abaixo tentando chegar a Francia, só tres conseguiron o seu obxectivo. Uns douscentos foron ajusticiados. O resto volveu ás infrahumanas condicións de fame e enfermidade nas que alí se malvivía.




domingo, 18 de enero de 2026

Tríptico para as familias

 Un novo curso realizamos un tríptico informativo, para enviar ás casas, do material impreso que temos na biblioteca que pode ser de interese para as familias. Para solicitar o enviou pode ser a través do alumnado ou enviando unha mensaxe.




miércoles, 14 de enero de 2026

jueves, 18 de diciembre de 2025

Bo Nadal con boas lecturas

O equipo da biblioteca deséxalles unhas  bonitas festas de Nadal e un 2026 cheo paz e solidaridade. 



 

martes, 16 de diciembre de 2025

Aprázase o club de lectura de adultos

Aprázase o noso club de lectura por motivo da folga que se convoca este martes 16 de decembro, día que tiñamos a reunión en torno a lectura do libro" O cementerio de cristal" do escritor Carlos Aurensanz.

Queda aprazada a reunión para o vindeiro ano 2026, martes 13 de xaneiro ás 17.30 horas.

A continuación un vídeo da presentación, moi interesante, que realizou o escritor sobre o seu libro.




lunes, 15 de diciembre de 2025

Material de Nadal

 Na biblioteca realizamos unha exposición  dalgúns dos libros e música que temos sobre o Nadal.


viernes, 12 de diciembre de 2025

Ruleta de Nadal


  Nas aulas de segundo e de primeiro elaboraron, para ruleta da biblioteca, imaxenes relacionadas co Nadal, co fin de que o alumnado adquira un maior desenvolvemento en lingua galega, adquirindo vocabulario e fomentando a expresión oral, así como a expresión escrita a través da invención de  historias.


Tradicións do Nadal

O alumnado de sexto de educación primaria estiveron investigando sobre as tradición do Nadal, con esa información elaboraron un programa moi interesante de radio. 

Experimentando ca mesa de luz

 O alumnado de 3 anos estivo experimentando ca luz e as cores, a través da  mesa de luz e cos materiais que se adquiriron desde a biblioteca para ela.



jueves, 11 de diciembre de 2025

Descubrindo a biblioteca

Os máis cativos do colexio descubriron hai uns meses a biblioteca e adaptáronse de marabilla ao espazo, cada un xa sabe cal é o seu lugar favorito, poden ser o lugar dos libros ou o dos xogos... vai depender do momento.


 

Beland mi lugar en el mundo


O venres 28 de novembro estivemos na presentación en Vigo na librería "Libros para soñar" do libro "Beland, un lugar en el mundo" publicado pola editorial Brau.

A autora Laura Torres e a ilustradora Raquel Aparicio dan vida a unha nova palabra (Beland), que significa “o lugar que te fai sentir na casa, protexido, en paz”.

Este libro, publicado con fins benéficos, forma parte do movemento #Beland que, xunto con Save the Children, está a recadar fondos para axudar a nenos en situacións de conflito. #Beland é unha iniciativa da Fundación Alba Torres Carrera que defende o dereito fundamental de todas as persoas a ter un lugar onde se sintan seguras. Tamén busca promover unha linguaxe social baseada na convivencia e o respecto, onde as palabras importan.

Un libro que mercamos para o centro, asinado pola autora.

lunes, 8 de diciembre de 2025

Club de lectura de sexto

 

A lectura do grupo de sexto neste primeiro trimestre foi o libro "NEREA. A INVASIÓN DOS TRASTOS" da editorial Xerais.

Na primeira reunión que tivemos onde explicamos en que consistía un club de lectura e a súa  organización anotáronse nove persoas, na seguinte reunión onde descubriron cal era o libro a ler, pareceulles interesante e xa se anotaron vinte alumnos/as.
O mércores día 3 de decembro reunímonos na biblioteca para falar do libro. O primeiro que fixemos foi coñecer aos autores e a súa obra, Pablo PradoMiguel Rojo.
O libro trata dos excesos no uso das novas tecnoloxías.
A todos gustoulles a temática e as ilustracións, resultándolles entretido e divertido. Coincidían todos en que lles pareceu moi corto.
Foi unha reunión onde quixeron falar todos/as para dar a súa opinión e destacar o que máis lles divertiu.
Acompañamos a reunión duns doces que fixo que o tempo se fixese curto. Tiñamos previsto ver un pequeno episodio de  Dragon Ball en galego pero non foi posible, queda para outra ocasión.





Recreos de choivas : recreos de xogos

 Os recreos de choiva son os mellores para ir a biblioteca a xogar con todo o material da biblioteca creativa, así cando toca o timbre para volver ás aulas parecelles increíble o rápido que pasou o tempo.





Gravity Maze

O xogo Gravity Maze é un dos máis demandados nos recreos da biblioteca e para levar ás clases. 
Consiste en crear diferentes estruturas para preparar un camiño e guiar a bóla ata a torre vermella de meta. 
Este xogo axuda a desenvolver habilidades de planificación, lóxica  e razoamento espacial. Permite  explorar as forzas da gravidade a través de 60 cartas de desafío con niveis crecentes de dificultade.