viernes, 26 de septiembre de 2025

Formación do voluntariado da biblioteca

Nesta semana tivemos a formación do voluntariado de quinto e sexto que vai formar da biblioteca.  Once alumnos de sexto e dez de quinto.

A encargada da formación foi a mestra Tere que con toda a paciencia foi explicando as diferentes tarefas que hai que realizar. Deulle moita importancia a clasificación  e a orde alfabética  no andeis, ao “tejuelo”, a responsabilidade de asistir, ….Para rematar leron o contrato de colaboración e o asinaron cada un deles e a coordinadora da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario