lunes, 4 de febrero de 2013

A LOMCE según Francesco Tonucci

O prestixioso pensador, psicopedagogo, escritor  e  debuxante italiano  Francesco Tonucci realiza unha exposición moi clara sobre como debe ser a educación na escola actual, dende logo non ten nada que ver co que prantexa a lei Wert.
Fala da importancia da educación pública, que non se pode reducir presupostos neste ámbito porque se compromete o futuro, nin fomentar a competitividade senon a cooperación.
Expón que nos primeiros anos póñense os cementos de todo o que se vai a construir e a aprender ao longo da vida e só produto da ignorancia que se lle de menos importancia á educación infantil que á universidade.
Sobre a diversidade apunta que non é a solución a exclusión; c@s alumn@s diferentes compártense experiencias, afirmando que o que se aprende é máis do que se perde.
As súas verbas acertadas, en cada un dos seus libros e exposicións, son unha lección constante hacia a reflexión. Para el a  educación é a tarefa máis importante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario