lunes, 5 de junio de 2017

Carles Capdevila

O xornalista Carles Capdevila  deixounos para sempre,  quédanos un amplo legado xornalístico en prensa, radio e televisión, así como no seu bloguer persoal e en Youtube, onde sempre se poderán gozar dos seus monólogos, relatorios e charlas.
A pesar de que puña o foco en calquera aspecto da realidade informativa, un dos seus temás máis recorrentes e polos que cobrou máis notoriedade foi pola súa aguda e locuaz perspectiva sobre a educación, para a que recorría á súa propia experiencia persoal, como pai de catro fillos.
Capdevila dedicou os últimos días a facer visibles os "heroes anónimos que se dedican a coidar a outras persoas", como as enfermeiras e os médicos, e publicara recentemente o libro 'A vida que aprendo' (Arcadia), un dos máis vendidos do último Sant Jordi.
Nesta ponencia  fala da importancia de facer un bo equipo cos mestres e mestras dos fillos/as

No hay comentarios:

Publicar un comentario