miércoles, 1 de noviembre de 2017

Polo Samaín: libros misteriosos

Acabamos de rematar as actividades da celebración das bibliotecas e chegounos o Samaín. 
Dende a biblioteca non podíamos deixar de pasar esta semana, que  celebramos esta festa no centro con actividades diferentes: como son a decoración de cabazas, decoración de aulas, sobremesas... e por suposto non podían faltar as lecturas especiais, como son todos eses libros de medo, misterio, intriga... que tanto gustan ao noso alumnado. 
Con ese motivo enchemos varios bibliocarros para que estivesen polas diferentes aulas nestas semanas, adaptándoos as diferentes idades; ademáis creamos un recuncho na propia biblioteca para todos aqueles libros que aínda quedaban para realizar empréstitos.




No hay comentarios:

Publicar un comentario