Nesta semana de celebración do día Internacional do libro, non quixemos deixar pasar sen que o noso alumnado expresara os seus gustos literarios, para o que lle demos unha plantilla; para os de Primaria onde tiñan que escribir o nome do seu libro preferido, realizar unha ilustración e o motivo polo que lle gustou, e outra plantilla para os máis pequenos para realizar un debuxo e escribir o título. A parede que tiñamos prevista chegounos a pouco, houbo moita diversidade de títulos como diversos son os gustos das persoas.




No hay comentarios:
Publicar un comentario