Este mércores 24 de outubro foi o día das Bibliotecas, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e Juvenil que tivo a súa orixe no ano 1997.
O noso centro quixo celebrar esta data en torno á lectura. Nesta ocasión organizamos para que nesta semana viñera Noelia, unha nai que temos bibliotecaria, a realizar animación á lectura na biblioteca para todo infantil, dentro do proxecto as familias contan.
Tamén, dende hai anos, aproveitamos esta data para que os voluntarios/as da biblioteca conten os seus contos preferidos, asi en parellas ou trios van polas clases e na biblioteca a realizar esta bonita actividade. Houbo variedade de contos: Croco, Chocolate, A tartaruga que quería durmir, Corre, corre cabaciña, O gato lambón e Maruxa. O esforzo foi moito para todos eles pero o resultado foi moi satisfactorio.
Con tanta colaboración da gusto celebrar festas en torno aos libros. Grazas
Con tanta colaboración da gusto celebrar festas en torno aos libros. Grazas
No hay comentarios:
Publicar un comentario