martes, 23 de octubre de 2018

Novidades para un novo curso


Neste curso temos novidades, pero non só editoriais,  quixemos que todo o material das familias ou que se merca pensando nelas se visualizara máis, polo que lle reservamos na entrada da biblioteca uns andeis especiais.


Tamén creamos  un recuncho creativo máis vistoso, onde colocaremos  os pequenos escarnabots ( robóts) que nos concederon neste curso e material manipulativo para fedellar.


Temos un novo buzón de suxerencias precioso, feito por Andrea  Carrera ( alumna de 6º do curso pasado) e a súa nai.
 Por último colocamos  un medidor para que os máis pequen@s vaian medíndose u unha corticeira  para que escriban, o alumnado, familias ou mestres, as súas  recomendacións literarias, é dicir,  títulos de libros que lles gustaron.

No hay comentarios:

Publicar un comentario