O luns 29 de outubro, Isabel (a mamá de Laura e Mónica) veunos a contar a historia do ratiño máis coñecido e famoso de todo o mundo: “O Ratiño Pérez”. Ela tivo a xentileza de contar a historia dúas veces, primeiro no grupo de cinco anos e despois en segundo.
Moitos nenos e nenas saben que, cando lles cae un dentiño, pola noite vén o Ratiño Pérez e llo recolle. A cambio, o ratonciño déixalles un detalle (algunha moeda, un pouco de chocolate…). Pero… que fai o Ratonciño Pérez con estes dentes que recolle? Por que lle gusta ir de casa en casa collendo dentiños?
Isabel veunos aclarar este gran misterio!! Coa axuda da súa filla Laura e de Mónica, contounos a verdadeira e gran historia do Ratiño Pérez. Queres coñecela? Pois achégate a nosa Biblioteca e ti poderás tamén resolver este misterio!
No hay comentarios:
Publicar un comentario