María Calvar Giráldez naceu en Mos no 2004 e foi alumna no noso centro, entregada á escritura participou e gañou en varios certaméns literarios cos seus relatos.
Agora acaba de publicar o libro "O País dos Xoguetes" unha historia dunha nena que todos os xoves se lle abría unha porta nova e misteriosa.... Este é un libro sobre a imaxinación, a maxia, os amigos...
Dámoslle a noraboa e sentímonos orgullosas/os de María.
No hay comentarios:
Publicar un comentario