martes, 19 de marzo de 2019

21 de marzo

O día 21 de marzo é unha data clave en educación, celébranse o Día Internacional da poesía, o día do árbore ou Día Forestal Mundial, e o día Internacional da auga.
  Dende o centro quixemos celebrar estas datas e en especial a da da poesía, para o que prantexamos varias actividades:


1. Se escribirán Haikus, poemas que fan referencia a escenas da naturaleza, nunha cuartilla  que decorarán e colocarán na corticeira " Poetízate", que está enfrente da Biblioteca.
2. Adicaráselle un minuto nesta quincena  á lectura de poemas en galego nas aulas, que cada alumno/a leerá aos compañeiros/as.

3. Haberá catro Bibliocarros, que irán polas clases, con variedade de libros de poesía.
4. Na Biblioteca haberá un exposición de libros de poesías.







O Haiku é un breve poema procedente do milenario Xaponés. É unha miniatura poética de 17 sílabas, distribuídas en tres versos: 5-7-5. Adoitan facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá Naceu como xogo de palabras humorístico ou desconcertante. Máis adiante, Mastsuo Basho elevouno a xénero poético.

No hay comentarios:

Publicar un comentario