miércoles, 6 de marzo de 2019

Día Internacional da Mujer 2019: Pensemos en igualdade, construiamos con intelixencia , innovemos para o cambio


Cada 8 de marzo conmemoramos o Día Internacional das mulleres. Este día é un día de celebración, pero tamén de loita e reivindicación. Un día no que gritamos alto e claro que estamos aquí e que non nos imos render no noso empeño de conseguir o espazo social que nos corresponde.As mulleres levamos moitos séculos loitando polos nosos dereitos.
As mulleres comprendemos que a nosa forza está na nosa unión, cada vez somos máis conscientes que xuntas poderemos lograr cambios.
O feminismo non tería razón de ser se a desigualdade, a discriminación e a consideración devaluada das mulleres non existisen nunca; pero, do mesmo xeito que o abolicionismo xurdiu da escravitude, a loita de clases da opresión do proletariado, as declaracións de independencia do sometemento duns pobos sobre outros, o feminismo xorde como resposta ao atropelo constante dos dereitos das mulleres, como ideoloxía cultural e polas súas múltiples manifestacións nos distintos ámbitos sociopolíticos de todos os tempos.
O tema elixido para o Día Internacional da Muller 2019, que se celebrará este 8 de marzo, é " Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio".

Este tema centrarase en formas innovadoras nas que podemos avogar pola igualdade de xénero e o empoderamiento das mulleres, en especial nas esferas relativas aos sistemas de protección social, o acceso aos servizos públicos e a infraestrutura sustentable.
Necesitamos un futuro no que a innovación e a tecnoloxía cren oportunidades sen precedentes para que as mulleres e as nenas desempeñen un papel activo na creación de sistemas máis inclusivos, servizos eficientes e infraestruturas sustentables para acelerar a igualdade de xénero.
Polo que pensamos que  a coeducación é imprescindible para acadar a igualdade e a necesidade dunha educación igualitaria.

Resultado de imaxes para 8 de marzo día internacional da muller

No hay comentarios:

Publicar un comentario